político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Ángel Celdrán Matute, nado en Badaxoz o 4 de marzo de 1940[1] e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2021,[2] foi un político español do Partido Popular, alcalde de Badaxoz, desde 1995 até 2013. Era enxeñeiro técnico industrial e desenvolveu a súa vida laboral como perito taxador. Antes de dedicarse profesionalmente á política era funcionario, enxeñeiro técnico do Gabinete de Seguridade e Hixiene no Traballo. Director e profesor titulado de autoescolas de condutores. Foi senador polo Partido Popular (PP) e deputado na Asemblea de Estremadura polo mesmo partido.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1940 Badaxoz, España |
Morte | 28 de xaneiro de 2021 (80 anos) Badaxoz, España |
Senador de España | |
Deputado da Asemblea de Estremadura | |
Circunscrición electoral: Badaxoz | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Premios | |
Foi presidente da Asociación de Antigos Colexiais do colexio dos Maristas de Badaxoz e empezou a interesarse pola política a principios dos 80, cando ingresou na extinta Unión de Centro Democrático, onde se integrou o Partido Liberal de Joaquín Garrigues Walker. En 1990 afiliouse ao Partido Popular (PP). Foi Portavoz do Grupo Popular no concello de Badaxoz desde 1991. Nas eleccións de 1995 foi elixido como alcalde por maioría absoluta, maioría que repetiu en 1999, 2003, 2007 e 2011. Senador pola Provincia de Badaxoz desde marzo de 2000, cargo que abandonou o ano seguinte retomándoo en 2004 para abandonalo definitivamente en 2006. Nas eleccións de 2007 foi elixido Deputado por Badaxoz na Asemblea de Estremadura, onde forma parte da Mesa de Idade. Consolidouse como o alcalde co mandato de maior duración de toda a historia de Badaxoz.
Vicepresidente da Executiva Rexional do Partido Popular (PP) en Badaxoz desde outubro de 2000 e Presidente Provincial do Partido Popular (PP) en Badaxoz desde outubro do 2000 até 2004. Membro do Consello Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias. A súa xestión caracterizouse pola pugna coa Deputación Provincial e a Xunta de Estremadura, instancias dominadas polos socialistas, sendo o seu mellor acerto sanear a situación económica herdada e ordenar o funcionamento político e administrativo municipal.[Cómpre referencia]
En 2007, declarou que non casaría dous homes ou dúas mulleres. Ás lesbianas, dixo que había que chamalas "mariconas".[3][4]
En marzo de 2011 protagonizou unhas polémicas declaracións homofóbicas nas que aseguraba que en Badaxoz non hai "palomos cojos y si los hubiese los echarían para fuera". Cabe destacar a reacción protagonizada polo programa presentado polo Gran Wyoming, El Intermedio, da cadea La Sexta, que promoveu unha iniciativa que chamaron "Caravana de palomos" na que homosexuais de toda España foron a Badaxoz manifestarse en contra das declaracións de Miguel Celdrán.[5][6]
O 4 de marzo de 2013, coincidindo co seu aniversario, anunciou nunha comparecencia pública a súa renuncia á alcadía tras 18 anos, e á acta de concelleiro. Foi sucedido polo primeiro tenente de alcalde Francisco Javier Fragoso.
Predecesor: Alberto González |
Voceiro do Grupo Popular no Concello de Badaxoz 1991-1995 |
Sucesor: Alejandro Ramírez del Molino |
Predecesor: Gabriel Montesinos |
Alcalde de Badaxoz 1995-2013 |
Sucesor: Francisco Javier Fragoso |
Predecesor: Vicente Sánchez Cuadrado |
Presidente do PP de Badaxoz 2000-2004 |
Sucesor: José Antonio Monago |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.