violinista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Midori Gotō (五嶋 みどり Gotō Midori?), máis coñecida como Midori, nada en Osaca o 25 de outubro de 1971, é unha violinista xaponesa. Realizou o seu debut ao 11 anos de idade nun cambio de última hora dun concerto de novos intérpretes da New York Philharmonic baixo a batuta de Zubin Mehta. Aos 21 anos fundou un grupo filantrópico chamado Midori and Friends para axudar a levar a músic aos nenos da cidade de Nova York.[1] En 2007, foi seleccionada para ser Mensaxeira de Paz das Nacións Unidas.[2][3]
Nome orixinal | (ja) 五嶋 みどり |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de outubro de 1971 (52 anos) Osaca, Xapón |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | Escola Juilliard Universidade de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | violinista |
Período de actividade | 1982 - |
Empregador | Universidade do Sur de California Manhattan School of Music (en) |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Dorothy DeLay (pt) |
Instrumento | Violín |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Biblioteca dixital BEIC |
Páxina web | gotomidori.com |
Recibiu as súas primeiras clases de violín da súa nai, Setsu Gotō. Súa nai descubriu a musicalidade innata da súa filla cando esta tiña dous anos,, cando encontrou a Midori asubiando un tema de Johann Sebastian Bach que ela ensaiara uns días antes. Comezou tomando clases de piano, mais deixounas ao cabo de tres meses. No seu terceiro aniversario, a súa avoa regaloulle un violín 1/16, logo do cal a súa nai decidiu ensinalle violín.
Midori realizou a súa primeira interpretación en público aos seis anos de idade, tocando un dos 24 Caprichos de Paganini na súa Osaca natal. En 1982, ela e a súa nai trasladáronse a Nova York, onde Midori comezou a estudar violín con Dorothy DeLay no Juilliard Pre-College. Como obra para a súa audición, Midori tocou a Chaconne, xeralmente considerada unha das pezas máis difíciles escritas para violín só. No mesmo ano realizou o seu concerto debut coa New York Philharmonic baixo a batuta de Zubin Mehta, un director co cal gravou un bo número de concertos para o selo Sony Classical. En 1986 chegou a súa xa lendaria interpretación da Serenade de Leonard Bernstein en Tanglewood, durante a cal rompeu dúas cordas Mi, primeiro no seu propio violín Amati 7/8, e despois no Stradivarius do concertino Malcolm Lowe despois de que ela o pedira prestado. Rematou a interpretación co Guadagnini do axuda de concertino Max Hobart. Ao día seguinte, a portada no The New York Times publicou: "Girl, 14, Conquers Tanglewood with 3 Violins" ("Nena de 14 anos conquista Tanglewood con 3 violíns").[4]
Cando Midori tiña 15 anos, decidiu deixar o Juilliard Pre-College logo de aproximadamente catro anos. Uns cinco anos despois, en 1992, creou Midori and Friends, unha organización sen ánimo de lucro que pretende achegar unha educación musical de calidade aos nenos da cidade de Nova York.[2][3] En 2001, Midori recibiu o prestixioso Avery Fisher Prize e comezou un programa de fundación chamado Partners in Performance cos cartos do premio. Nos anos seguintes, Midori inaugurou dous proxectos para a comunidade máis, a University Residencies Program e a Orchestra Residencies Program.
Midori é a gañadora do 25º Suntory Music Award (1993
No ano 2000, Midori graduouse na Gallatin School da Universidade de Nova York (NYU) co graduado en psicoloxía, e conseguiu o título de máster en psicoloxía da NYU uns anos despois. Foi nomeada Presidenta do departamento de música da Thornton School of Music da Universidade do Sur de California, onde actualmente dirixe o departamento de corda. Anteriormente, estivo na facultade da Manhattan School of Music. Midori é tamén membro do consello da American String Teachers Association. En 2013 Midori foi invitada pola University of Oxford como profesora convidada do Humanitas Programme en música clásica e educación musical. Midori reside nos Ánxeles (California). Seu irmán Ryu é tamén violinista.
Midori toca un Guarnerius del Gesù "ex-Huberman" de 1731, que é un préstamo de por vida da Hayashibara Foundation. Os seus arcos son de Dominique Peccatte (dous) e de François Peccatte (un).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.