![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/CpG_vs_C-G_bp.svg/langgl-640px-CpG_vs_C-G_bp.svg.png&w=640&q=50)
MicroADN
From Wikipedia, the free encyclopedia
O microADN ou microDNA é o subtipo máis abundante de ADN extracromosómico circular (ADNecc) en humanos, atopado no núcleo celular, caracterizado por ter tamaños que van desde 200 a 400 pares de bases, estar enriquecido en secuencias xenómicas non repetitivas e ter unha alta densidade de exóns.[2][3][4] Ademais, o microADN orixínase a partir de rexións con illas CpG que se adoitan atopar nas rexións non traducidas (UTR) 5' e 3'.[3][4][5] Como se orixina a partir de rexións en activa transcrición, hipotetízase que o microADN pode orixinarse como un subproduto da reparación de danos no ADN transcricionais.[5] Tamén se pensa que o microADN pode orixinarse noutras vías de reparación do ADN, principalmente debido a que as secuencias parentais do microADN teñen repeticións directas de 2 a 15 bp nos extremos, resultantes da reparación do deslizamento (slippage) na reparación.[3] Como o seu descubrimento é recente, o papel xogado polo microADN dentro e fóra da célula aínda non se comprende ben.[5] Con todo, actualmente pénsase que o microADN afecta á homeostase celular por medio da unión de factores de transcrición e foi utilizado como biomarcador do cancro.[5][6][7]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/CpG_vs_C-G_bp.svg/320px-CpG_vs_C-G_bp.svg.png)