especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Metroxylon sagu é unha especie de palma do xénero Metroxylon, nativa da Asia tropical do sueste: Indonesia (Papúa Occidental, e as Moluccas), Papúa Nova Guinea, Malaisia (tanto na Malaisia Peninsular como en Sarawak) e posiblemente de Filipinas (aínda que aquí puido ser introducida).[1] Mais tamén naturalizada en Tailandia, Xava, Kalimantán, Sumatra e as Illas Salomón[2]
Metroxylon sagu | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Metroxylon sagu' Rottb. |
Metroxylon sagu é unha palma de múltiples talos, cada un medra de 7 a 25 metros e só rosea unha vez cunha grande inflorescencia terminal en posición vertial. Antes de rosear un talo produce arredor de 20 follas pinnadas de ata 10 m de lonxitude, e cada folla ten arredor de 150-180 folíolos de ata 175 cm de lonxitude. A inflorescencia mide de 3 a 7.5 m con 15 a 30 pólas de primeira orde que se curvan cara a arriba en espiral. Cada unha das pólas ten de 15 a 25 pólas de segunda orde dispostas disticamente e cada unha destas ten de 10 a 12 pólas ríxidas de terceira orde. Espiralmente nas pólas de terceiro orde dispóñense pares de flores, cada par consiste dunha flor macho e unha hermafrodita. O froito é unha drupa duns 5 cm de diámetro, cuberta de escamas que ao madurar pasan da cor verde brillante ao amarellada[3]
Ten un importante interese comercial ao ser a fonte principal do sagú, un amidón que se obtén tras tallar o talo durante a etapa de floración final. Utilízase na cociña para realizar tortas, pastas, pan e como espesante.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.