From Wikipedia, the free encyclopedia
A metrópole de España e Portugal é unha xurisdición ortodoxa con sé en Madrid, baixo a xurisdición canónica do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. Inicialmente parte da metrópole de Francia, foi estabelecida como metrópole independente por decisión patriarcal e sinodal en 2003. O seu metropolita é o arcebispo grego Polykarpos Stavropoulos.[1]. Xuridicamente está rexistrada en España como Igrexa ortodoxa grega en España e en Portugal como Igrexa Ortodoxa en Portugal[2].
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Páxina web | metropoliespo.com |
A primeira parroquia ortodoxa grega en España foi erixida en Madrid en 1949. A diocese pertenceu inicialmente á metrópole de Francia, creada en 1963, da que era un exarcado (o exarcado de Iberia).[3]
O 20 de xaneiro de 2003 foi erixida a nova metrópole de España e Portugal,[3] con xurisdición sobre toda a Península Ibérica (España, Portugal, Xibraltar e Andorra), sobre as illas Baleares e Canarias, e sobre Azores e Madeira.
A metrópole estrutúrase en vigairías. A sé central está en Madrid, onde reside o metropolita e onde ten a súa parroquia principal. As vigairías son as seguintes:
En Galicia ten catro parroquias, Vigo, Ourense, Santiago Apóstolo (sede en Santiago de Compostela) e Ourense/Lugo (sede en Monforte de Lemos), todas atendidas polo reverendo ecónomo Vasyl Savchuk.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.