![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/C._Johnsson_and_L._Lewis.jpg/640px-C._Johnsson_and_L._Lewis.jpg&w=640&q=50)
Metal sinfónico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O metal sinfónico é un subxénero do heavy metal que combina as súas características con diversos elementos da música clásica, como por exemplo instrumentos sinfónicos e coros. Os teclados típicos do power metal tamén adoitan estar presentes neste xénero. Os grupos de metal sinfónico teñen habitualmente vocalistas femininas adestradas no canto, o que deu lugar ao alcume opera metal, e tamén é común que estes grupos inclúan un segundo vocalista, habitualmente masculino, cantando con voz gutural, característica máis típica do gothic metal.[1][2]
Metal sinfónico | |
---|---|
![]() | |
Orixe musical | gothic metal, power metal, música clásica |
Orixe cultural | Comezos e mediados dos anos 1990 en Escandinavia e os Países Baixos |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica, baixo, teclado, piano, batería, violín, violoncello, voz |
Os grupos máis prominentes deste xénero son os fineses Nightwish,[3] os suecos Therion[4] e os neerlandeses Epica.[5][6] Moitos outros grupos deste xénero acadaron unha gran popularidade a comezos e mediados dos anos 2000, como por exemplo After Forever,[7] Delain,[8] Leaves' Eyes,[9] Xandria[10] e Edenbridge.[11]