Mestura racémica
From Wikipedia, the free encyclopedia
En química, unha mestura racémica, ou racemato é unha mestura que ten igual cantidade dos isómeros D e L (enantiómeros) dunha determinada substancia quiral. A primeira mestura racémica que se coñeceu foi o "ácido racémico", que, como Louis Pasteur descubriu, era unha mestura dos dous enantiómeros do ácido tartárico.
A racemización é a conversión dunha solución enantiomericamente pura (cun só enantiómero) nunha mestura na que están presentes os dous enantiómeros. Se a racemización dá lugar a unha mestura na que os enantiómero están presentes na mesma cantidade, orixínase unha mestura racémica ou racemato.[1]