O mergullón pequeno[2][3][4] ou mergullete común[5] (Tachybaptus ruficollis) é unha ave acuática da familia dos podicipédidos. O nome do xénero procede do grego antigo takhus, 'rápido' e bapto, 'afundirse debaixo'. O nome específico ruficollis procede do latín rufus, 'vermello' e -collis, derivado de collum, 'pescozo'.[6]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Mergullón pequeno

En plumaxe da época reprodutora

En plumaxe reprodutora coas plumas apertadas contra o corpo para ter unha mellor flotabilidade.
En plumaxe reprodutora coas plumas apertadas contra o corpo para ter unha mellor flotabilidade.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Podicipediformes
Familia: Podicipedidae
Xénero: Tachybaptus
Especie: Tachybaptus ruficollis
Sinonimia

Podiceps ruficollis

Pechar
Tachybaptus ruficollis

Cos seus 23 a 29 cm de lonxitude é o membro europeo menor da súa familia. Atópase xeralmente en corpos de auga da maior parte da súa área de distribución.

Taxonomía

O mergullón pequeno foi descrito polo naturalista alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome binomial de Colymbus ruficollis.[7][8][9] O tricolored grebe foi considerado conespecífico, e algunhas autoridades taxonómicas aínda o consideran así. Hai seis subespecies recoñecidas actualmente, distinguidas principalmente polo tamaño e coloración.[10][11]

  • T. r. ruficollis(Pallas, 1764): a subespecie nominal, que se encontra desde Europa ao oeste de Rusia e cara ao sur ata o norte de África.[12]
  • T. r. iraquensis(Ticehurst, 1923): vive no sueste de Iraq e suroeste de Irán.[12]
  • T. r. capensis(Salvadori, 1884): atopado na África subsahariana, Madagascar, Sri Lanka e o subcontinente indio, espallándose cara ao leste ata Birmania.[12]
  • T. r. poggei(Reichenow, 1902): habita desde o sueste ao noroeste de Asia, Hainán, Taiwán, Xapón e illas Kuriles do sur.[12]
  • T. r. philippensis(Bonnaterre, 1790): atópase no norte de Filipinas.[12]
  • T. r. cotabato(Rand, 1948): en Mindanao, Filipinas.[12]

Descrición

O mergullón pequeno é unha pequena ave acuática con bico agudo. O adulto é inconfundible en verán, predominantemente escuro na parte superior co seu pescozo, meixelas e flancos de intensa cor marrón avermellada e interior da boca amarelo brillante. A cor marrón avermellada é substituída por un gris amarronado escuro en aves que non teñen a plumaxe non reprodutora e os xuvenís.

As aves xuvenís teñen un bico amarelo cunha pequena punta negra, e raias negras e brancas nas meixelas e laterais do pescozo vistas desde abaixo. Este bico amarelo escurécese a medida que van tendo máis idade, e chega a ser negro na idade adulta.

En inverno, o seu tamaño, plumaxe beixe cun dorso e cabeza máis escuros, e a parte posterior con forma de “borla” permite unha fácil identificación destas especies. A chamada reprodutora do mergullón pequeno, feita tanto en solitario coma en dúo, é un trilo repetido uit-uit-uit ou ui-ui-ui que soa como o rinchar dun cabalo.

Distribución

Reprodúcese en pequenas colonias en zonas con moita vexetación de lagos de auga doce ao longo de Europa, gran pare de Asia e cara ao sur ata Nova Guinea e a maioría de África. A maioría das aves desprázanse a augas costeiras ou máis abertas, pero é soamente migratoria naquelas partes da súa área de distribución onde se conxelan as augas. Fóra da estación reprodutora trasládase a augas máis abertas, ocasionalmente aparecendo incluso en costas de pequenas baías.[1] En Galicia a ave é sedentaria e chegan individuos invernantes.[3]

Comportamento

O mergullón pequeno é un nadador e mergullador excelente que persegue os peixes e invertebrados acuáticos baixo a auga. Aproveita a vexetación para agocharse eficazmente.

Como todos os mergullóns pequenos aniña na beira da auga, xa que as súas patas están situadas moi atrás no corpo e non pode camiñar ben. Xeralmente poñen de 4 a 7 ovos. Cando os adultos abandonan provisionalmente o niño adoitan ter coidado de cubrir os ovos con vexetción para que sexa menos probable que os detecten os predadores.[13] Os xoves deixan o niño e poden nadar pouco despois da eclosión, e os polos adoitan ser acarrexados sobre as costas dos adultos durante a natación.[14] Na India a especie reprodúcese durante a estación das chuvias.[15]

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.