Mercante
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un barco mercante, buque mercante ou só mercante[1] é unha embarcación que transporta carga ou leva pasaxeiros de alugueiro. Isto contrasta coas embarcacións de recreo, que se usan para diversión persoal, e as embarcacións navais con fins militares ou a frota pesqueira (parte dela é ás veces consideraba mercante, en tanto que transporta mercadorías. As persoas que traballan nos mercantes son chamadas mariños mercantes, ou tamén só mercantes.[1] Moitos buques mercantes operan baixo unha "bandeira de conveniencia" dun Estado distinto da do país dos propietarios do buque, como Liberia ou Panamá, que teñen leis marítimas máis favorables. Durante as guerras, os buques mercantes poden ser usados como auxiliares das armadas dos seus respectivos países, e son chamados a entregar persoal e material militar.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2023.) |