Menta
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
A menta[2] é calquera herba comestíbel pertencente ao xénero Mentha apreciada polo seu aroma refrescante e emprégase na cociña, na industria de produtos bucais e alimenticia en xeral. O consumo desta herba ou dos seus derivados produce unha sensación de frío na boca e as vías respiratorias. O seu aroma estimula o apetito.
Máis información Mentas (xénero Mentha), Clasificación científica ...
Mentas (xénero Mentha) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mentha spicata | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Pechar
A destilación da menta produce un aceite rico en menthol, substancia de valor comercial e moi utilizado na produción de alimentos (especialmente lambonadas), locións para afeitar, produtos bucais, perfumes etc.
Existe unha variedade de especies diferentes desta herba, como por exemplo:
- Menta común, hortelá común, menta de pementa, (Mentha piperita), que é a máis empregada para fins alimenticios;
- Hortelá, hortelá, (Menta spicata, Mentha viridis);
- Menta brava, hortelá brava (Mentha arvensis);
- Mentraste (Mentha suaveolens);
- Menta do cabalo, menta silvestre (Mentha longifolia);
- Poexo (Mentha pulegium);
- Menta de auga[3] (Mentha aquatica).