político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Melquíades Álvarez González-Posada, nado en Xixón o 17 de maio de 1864 e finado en Madrid o 22 de agosto de 1936, foi un xurista e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Melquíades Álvarez González-Posada 17 de maio de 1864 Xixón, España |
Morte | 22 de agosto de 1936 (72 anos) Madrid (España) |
Causa da morte | execución sumaria, asasinado |
Deputado nas Cortes republicanas | |
28 de febreiro de 1936 – 20 de marzo de 1936 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Oviedo (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Liberal Demócrata 29 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Oviedo (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
11 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
4 de xullo de 1931 – 18 de agosto de 1931 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Madrid (capital) | |
Presidente do Congreso dos Deputados | |
24 de maio de 1923 – 11 de xuño de 1923 ← Gabino Bugallal | |
Deputado das Cortes | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xornalista, xurista, avogado |
Empregador | Universidade de Oviedo |
Partido político | Partido Reformista |
Membro de | |
Cronoloxía | |
22 de agosto de 1936 | Cárcel Modelo massacre (en) |
Estudou Dereito na Universidade de Oviedo, onde se licenciou en 1883. Logo dun primeiro intento infrutuoso, gañou a Cátedra de Dereito Romano na Universidade de Oviedo en 1889. Amigo de Leopoldo Alas, iniciou a carreira profesional de avogado en Oviedo. Entre 1894 e 1898 foi decano do colexio de avogados da cidade. Despois trasladouse a Madrid.
Excelente orador, a quen denominaban "El Tribuno" e "Pico de Oro", nos seus inicios adscribiuse ao republicanismo de Nicolás Salmerón. En 1912 fundou o Partido Reformista, de inspiración republicana pero disposto a gobernar nunha monarquía democrática, pois consideraba que, en democracia, a cuestión da forma de goberno -monarquía ou república- era accidental.
En 1917 participou no movemento auspiciado por republicanos e socialistas, cuxo fin era convocar Cortes Constituíntes. Fracasado o movemento, Melquíades Álvarez foi moderando o seu discurso e aproximouse ao Partido Liberal da monarquía, o que lle permitiu acceder en 1923 á presidencia do Congreso dos Deputados. Neste posto tratou de convencer a Afonso XIII para que retornara ao parlamentarismo liberal, logo do golpe de Estado de Primo de Rivera. Durante a ditadura participou en varias conspiracións dirixidas a derribar ao ditador.
Na Segunda República o seu partido, naquel momento denominado Partido Republicano Liberal Demócrata, que era xa moi minoritario, situábase no centro-dereita do espectro político. Elixido deputado por Madrid (pola Candidatura de Apoio á República, nos escanos das minorías) e Valencia (na Conxunción Republicano-Socialista, nos escanos das maiorías) nas eleccións constituíntes de 1931 (celebrado un sorteo, adscribíuselle á circunscrición valenciana) e reelixido por Asturias en 1933 e 1936 (nas listas conxuntas coa CEDA). Tamén foi decano do Colexio de Avogados de Madrid.
En agosto de 1936, un mes despois do comezo da Guerra civil, Melquíades Álvarez foi recluído, ao igual que outros dirixentes políticos conservadores, no Cárcere Modelo de Madrid e posteriormente asasinado por milicianos esquerdistas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.