Media lengua ou chaupi-shimi (tamén chamado quichuañol) é unha lingua mixta entre o castelán e o kichwa. En termos de vocabulario, case tódolos lexemas (arredor do 89%),[1][3] incluíndo o vocabulario principal, teñen orixe castelá adaptada á fonotáctica kiwcha. Media lengua é un dos poucos exemplos coñecidos dunha "lingua mixta bilingüe" pola súa división entre as raíces e os sufixos.[4][5] Unha división tan extrema e sistemática é moi pouco frecuente e media lengua non é descrita polo xeral como unha variedade do kichwa ou do castelán. Arends et al., clasifica dúas linguas baixo o nome media lengua: Media lengua de Salcedo e Media lengua de Saraguro.[6] A variedade setentrional de media lengua, na provincia de Imbabura, é descrita como media lengua de Imbabura[2][7] e máis especificamente, as variedades dialectais da provincia son coñecidas como media lengua pijal e angla.[1]

Datos rápidos Media lengua Chaupi-shimi, Códigos de lingua ...
Media lengua
Chaupi-shimi
Outros nomes:Quichuañol
Falado en: Ecuador
Rexións: Provincia de Imbabura e Provincia de Cotopaxi
Total de falantes: ~2 600 (2005, 2011)[1][2]
Familia: Crioulo
 Español crioulo con kichwa
  Media lengua
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mue
Mapa
Thumb
Status
Pechar
Gravación dunha falante de media lengua en Pijal, Imbabura, Ecuador.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.