Medallas de Pisanello
From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécense como medallas de Pisanello a serie de 23 medallas creadas en Italia por Antonio di Puccio Pisano, alcumado Pisanello (Pisa ou Verona, antes de 1390 - Nápoles, ca. 1455), un pintor e medallista considerado como un dos máximos expoñentes do gótico internacional en Italia, primeiro en retomar a tradición das medallas de retrato abandonada no século XI, coa dedicada a Xoán VIII Paleólogo, en 1438. Esta medalla do emperador bizantino tivo unha difusión extraordinaria e motivou que Pisanello comezase a recibir numerosas encargas doutras medallas por parte de nobres de Milán, Mantua, Ferrara, Rimini e Nápoles, e tamén doutros dignatarios aliados das respectivas cortes. Esta serie de novas creacións coñécese como as "medallas de Pisanello".[2][3][4][5][6]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Pisanello_-_Codex_Vallardi_2317.jpg/320px-Pisanello_-_Codex_Vallardi_2317.jpg)