director de cinema alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Maximillian Oppenheimer, nado en Saarbrücken o 6 de maio de 1902 e finado en Hamburgo o 25 de marzo de 1957 foi un director de cinema alemán coñecido coma Max Ophüls que desenvolveu a súa carreira tamén en Francia e nos Estados Unidos de América.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Max Oppenheimer 6 de maio de 1902 Saarbrücken, Alemaña |
Morte | 26 de marzo de 1957 (54 anos) Hamburgo, Alemaña |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Crematorio e columbario do Père-Lachaise, 87 Grave of Ophüls (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, director teatral, actor de teatro, guionista, realizador |
Período de actividade | 1931 - |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Hilde Wall (1926–) |
Fillos | Marcel Ophüls |
Descrito pola fonte | Frankfurter Personenlexikon (en) , |
|
Era fillo do comerciante téxtil xudeu Leopold Oppenheimer e a súa dona Helen, mais adoptou o seu pseudónimo Ophüls durante o inicio da súa carreira teatral para que se fracasar non avergoñase ao seu pai. Comezou coma actor en 1919 para logo pasar á dirección e á produción. En 1926 converteuse no director teatral do Burgtheater de Viena.
En 1929 comezou a producir filmes, sendo director de diálogos de Anatole Litvak na UFA en Berlín e debutou como director dous anos despois.
Presentindo o ascenso do nazismo marchou a Francia en 1933, nacionalizándose francés en 1938. Trala caída de Francia viaxou a Suíza, Italia e finalmente aos Estados Unidos en 1941. Tras algúns anos sen traballo recibiu a axuda de Preston Sturges e continuou a súa carreira como director. O seu filme máis aclamado desta etapa é Carta dunha descoñecida (1948), baseado nunha novela de Stefan Zweig. En 1950 volveu a Francia.
Ano | Filme | País | Notas |
---|---|---|---|
1931 | Dann schon lieber Lebertran | Alemaña | |
1931 | Die verliebte Firma | Alemaña | Curtametraxe |
1932 | Die verkaufte Braut | Alemaña | |
1933 | Liebelei | Alemaña | |
1933 | Une Histoire d'amour | Francia | |
1933 | Lachende Erben | Alemaña | |
1933 | On a volé un homme | Francia | |
1934 | La Signora Di Tutti | Italia | |
1935 | Divine | Francia | |
1936 | Komedie om geld | Países Baixos | |
1936 | Ave Maria | Francia | Curtametraxe documental |
1936 | La Tendre Ennemie | Francia | |
1936 | Valse brillante de Chopin | Francia | Curtametraxe documental |
1937 | Yoshiwara | Francia | |
1938 | The Novel of Werther | Francia | |
1939 | Sans lendemain | Francia | |
1940 | L'École des femmes | Francia | |
1940 | De Mayerling à Sarajevo | Francia | |
1946 | Vendetta | Estados Unidos | Foi despedido durante a rodaxe |
1947 | The Exile | Estados Unidos | |
1948 | Carta dunha descoñecida | Estados Unidos | |
1949 | Atrapados | Estados Unidos | |
1949 | The Reckless Moment | Estados Unidos | |
1950 | La Ronde | Francia | |
1952 | Le Plaisir | Francia | |
1953 | Madame de... | Francia | |
1955 | Lola Montès | Francia | Filme en cor |
1958 | Les Amants de Montparnasse | Francia | Faleceu durante a rodaxe |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Max Ophüls |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.