xogador de hóckey sobre xeo canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Henri Maurice "Rocket" Richard PC CC OQ, nado o 4 de agosto de 1921 en Montreal (Quebec, Canadá) e finado na mesma cidade o 27 de maio de 2000 foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo que xogou durante 18 tempadas na National Hockey League (NHL), desenvolvendo toda a súa carreira nos Montreal Canadiens. Foi o primeiro xogador na historia da NHL en anotar 50 goles nunha tempada, conseguindo a marca na tempada 1944-45 na que só se disputaron 50 partidos, e foi tamén o primeiro xogador en conseguir 500 goles na súa carreira. Richard retirouse en 1960 sendo o líder de todos os tempos en goles con 544. Gañou o Hart Trophy como xogador máis valioso da NHL en 1947, xogou 13 All-Star Games e foi nomeado 14 veces no NHL All-Star Team dos play-offs.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1921 Montreal, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de maio de 2000 (78 anos) Montreal, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | doenza cardiovascular | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Notre Dame des Neiges Cemetery (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 82 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Hockey League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Winger (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | left-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Henri Richard | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Richard, Elmer Lach e Toe Blake formaron a chamada "Punch line", unha liña de dianteiros altamente anotadora da década de 1940. Richard foi membro de oito equipos campións da Stanley Cup, incluído o que gañou o título cinco tempadas consecutivas entre 1955 e 1960; foi o capitán do equipo durante os seus últimos catro anos de carreira profesional. O Hockey Hall of Fame non aplicou o período de elixibilidade de cinco anos e introduciu a Richard no "salón da fama" en 1961. En 1975 foi introducido no Canada's Sports Hall of Fame. OS Canadiens retiraron o seu número, o 9, en 1960, e en 1999 doaron o Maurice "Rocket" Richard Trophy á NHL, que é entregado cada ano ao máximo goleador da liga regular.
O maior de oito iráns, Richard naceu nunha familia pobre durante a Gran Depresión. Inicialmente foi visto como un xogador fráxil. Unha serie de lesións impedíronlle unirse ao exército canadense durante a segunda guerra mundial. Franco e intenso, era coñecido polo seu estilo de xogo físico e ocasionalmente violento. Richard estivo involucrado nun incidente violento a finais da tempada 1954-55 durante o cal golpeou a un xuíz de liña. O presidente da NHL Clarence Campbell suspendeuno durante o que restaba de tempada, así como dos play-offs, o que precipitou o coñecido como Affaire Richard en Montreal. Os disturbios adquiriron un carácter mítico nas décadas posteriores, e frecuentemente son vistos como precursores da chamada Revolución Tranquila do Quebec. Richard foi unha icona cultural entre a poboación francófona do Quebec; a súa lenda é un motivo principal da historia curta de Roch Carrier Le chandail de hockey, unha obra emblemátiica da cultura canadense. Richard morreu no ano 2000 e converteuse no primeiro non-político en ser honrado pola provincia do Quebec cun funeral de estado.
Liga regular | Play-offs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Liga | PX | G | A | Pts | PIM | PX | G | A | Pts | PIM | ||
1937-1938 | St-Francois-de-Laval | High-QC | ||||||||||||
1938-1939 | Montréal Paquette Midgets | QAHA | 46 | 133 | 7 | 140 | ||||||||
1939–40 | Verdun Maple Leafs | LHJQ | 10 | 4 | 1 | 5 | 2 | 4 | 6 | 3 | 9 | 2 | ||
1939–40 | Verdun Maple Leafs | LHSQ | 1 | 0 | 1 | 1 | 0 | — | — | — | — | — | ||
1939–40 | Verdun Maple Leafs | Mem. Cup | — | — | — | — | — | 7 | 7 | 9 | 16 | 16 | ||
1940–41 | Montreal Canadiens (Sr.) | LHSQ | 1 | 0 | 1 | 1 | 0 | — | — | — | — | — | ||
1941–42 | Montreal Canadiens (Sr.) | LHSQ | 31 | 8 | 9 | 17 | 27 | 6 | 2 | 1 | 3 | 6 | ||
1942–43 | Montreal Canadiens | NHL | 16 | 5 | 6 | 11 | 4 | — | — | — | — | — | ||
1943–44 | Montreal Canadiens | NHL | 46 | 32 | 22 | 54 | 45 | 9 | 12 | 5 | 17 | 10 | ||
1944–45 | Montreal Canadiens | NHL | 50 | 50 | 23 | 73 | 46 | 6 | 6 | 2 | 8 | 10 | ||
1945–46 | Montreal Canadiens | NHL | 50 | 27 | 21 | 48 | 50 | 9 | 7 | 4 | 11 | 15 | ||
1946–47 | Montreal Canadiens | NHL | 60 | 45 | 26 | 71 | 69 | 10 | 6 | 5 | 11 | 44 | ||
1947–48 | Montreal Canadiens | NHL | 53 | 28 | 25 | 53 | 89 | — | — | — | — | — | ||
1948–49 | Montreal Canadiens | NHL | 59 | 20 | 18 | 38 | 110 | 7 | 2 | 1 | 3 | 14 | ||
1949–50 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 43 | 22 | 65 | 114 | 5 | 1 | 1 | 2 | 6 | ||
1950–51 | Montreal Canadiens | NHL | 65 | 42 | 24 | 66 | 97 | 11 | 9 | 4 | 13 | 13 | ||
1951–52 | Montreal Canadiens | NHL | 48 | 27 | 17 | 44 | 44 | 11 | 4 | 2 | 6 | 6 | ||
1952–53 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 28 | 33 | 61 | 112 | 12 | 7 | 1 | 8 | 2 | ||
1953–54 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 37 | 30 | 67 | 112 | 11 | 3 | 0 | 3 | 22 | ||
1954–55 | Montreal Canadiens | NHL | 67 | 38 | 36 | 74 | 125 | — | — | — | — | — | ||
1955–56 | Montreal Canadiens | NHL | 70 | 38 | 33 | 71 | 89 | 10 | 5 | 9 | 14 | 24 | ||
1956–57 | Montreal Canadiens | NHL | 63 | 33 | 29 | 62 | 27 | 10 | 8 | 3 | 11 | 8 | ||
1957–58 | Montreal Canadiens | NHL | 28 | 15 | 19 | 34 | 28 | 10 | 11 | 4 | 15 | 10 | ||
1958–59 | Montreal Canadiens | NHL | 42 | 17 | 21 | 38 | 27 | 4 | 0 | 0 | 0 | 2 | ||
1959–60 | Montreal Canadiens | NHL | 51 | 19 | 16 | 35 | 50 | 8 | 1 | 3 | 4 | 2 | ||
Totais na NHL | 978 | 544 | 421 | 965 | 1285 | 133 | 82 | 44 | 126 | 188 |
Liga regular | Play-offs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Equipo | Liga | PA | G | E | P | %V | Resultado | ||||||
1972-1973 | Quebec Nordiques | WHA | 2 | 1 | 0 | 1 | 50 % | - |
Premio | Ano | Nota |
---|---|---|
Primeiro equipo All-Star | 1944–45, 1945–46, 1946–47, 1947–48, 1948–49, 1949–50, 1954–55, 1955–56 |
[1] |
Segundo equipo All-Star | 1943–44, 1950–51 1951–52, 1952–53 1953–54, 1956–57 |
[1] |
Hart Trophy Xogador máis valioso |
1946–47 | [2] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.