From Wikipedia, the free encyclopedia
Matthew Locke, nado en Exeter, Inglaterra, en 1621 ou 1662 e finado en Londres en agosto de 1677, foi un compositor inglés do Barroco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1621 Exeter, Reino Unido |
Morte | agosto de 1677 (55/56 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Exeter Cathedral School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, musicólogo, teórico da música |
Movemento | Música barroca |
Alumnos | Henry Purcell |
Instrumento | Órgano |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Enciclopedia Católica |
Foi amigo de Henry Purcell, a quen influíu notablemente no estilo musical. Tamén traballou colaborando con compositores como John Playford, Cristopher Gibbons e Henry Lawes.[1]
Locke foi corista da catedral de Exeter entre 1638 e 1641, onde estudou con Edward Gibbons. Entre 1641 e 1651 estivo exiliado nos Países Baixos, probablemente en compaña doutros realistas.
De volta a Inglaterra, Locke compuxo con Christopher Gibbons a partitura para a obra Cupid and Death, ("Cupido e a Morte") unha mascarada ou obra de entretemento escrita en 1653 polo dramaturgo James Shirley. A súa partitura para esa obra é a única que hoxe se conserva dunha obra dramática daquela época.[2]
Locke formou parte do quinteto de compositores que cumpuxeron música para The Siege of Rhodes ("O asedio de Rodas"), a temperá ópera (1656) de William Davenant.[3] Locke escribiu música tamén para as seguintes óperas de Davenant, The Cruelty of the Spaniards in Peru ("A crueldade dos españois en Perú"), de 1658, e The History of Sir Francis Drake ("A historia de sir Francis Drake"), de 1659.[4]
Logo da restauración, foi nomeado compositor real en 1660 e un ano máis tarde escribiu música para a marcha procesional da coroación de Carlos II de Inglaterra.[5]
En 1662 foi nomeado organista da raíña. A súa personalidade difícil e vingativa envolveuno en diversas controversias nos seus derradeiros anos.
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Locke escribiu unha importante cantidade de himnos, motets, pezas vocais para servizos litúrxicos, obras dramáticas e música de danza[6]. Tamén é autor dun tratado de música, titulado Melothesia.
Á parte das xa citadas, outras das súas obras principais son as seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.