embaixador de Etiopía From Wikipedia, the free encyclopedia
Mateu, ou Mateus, e tamén Mateu o Armenio foi un embaixador etíope enviado pola raíña rexente Eleni de Etiopía ao rei Manuel I de Portugal e ao papa, en procura dunha coalición que axudase ante a ameaza crecente que para Etiopía era a cada vez maior influencia otomá na rexión, co consello de Pêro da Covilhã. Mateu chegou a Goa en 1512, e viaxou a Portugal en 1514, desde onde regresou cunha embaixada portuguesa, xunto con Francisco Álvares. Os portugueses só entenderon a natureza da súa misión despois chegaren a Etiopía en 1520, pouco despois da morte de Mateu, un feito que complicou a misión portuguesa co novo emperador de Etiopía.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV |
Morte | 1520 |
Actividade | |
Ocupación | diplomático |
Mateu foi despachado pola raíña rexente Eleni tras a chegada de dous portugueses a Etiopía en busca de Pêro da Covilhã en 1508. Estes emisarios, incluíndo p padre João Gomes, Xoán Sanches, e Sid Mohamed foron enviados por Tristão da Cunha en 1506. Como non lograron atravesar Malindi, volveron para Socotra, de onde Afonso de Albuquerque levalos ata Filuk. Despois foron a Shewa, Etiopía.[2] Finalmente morreron ou desapareceron na viaxe de regreso. Mateu, de orixe armenia, foi enviado aos portugués vía India cunha carta moi devota de Eleni ao rei Manuel I de Portugal e un anaco da Verdadeira Cruz. Viaxou coa súa esposa, cuñados e servos.[3][4]
Despois de ser roubado en Zaila e detido en Bijapur, Mateu chegou a Dabul, e foi recibido en Goa en decembro de 1512 con grande honra polo gobernador portugués Afonso de Albuquerque, como un enviado do "Preste Xoán", tanto tempo buscado. O rei Manuel I de Portugal anunciou a súa chegada ao papa León X en 1513. A pesar de que Mateus afrontou o receo dalgúns dos rivais de Albuquerque, que tentaron probar que era un impostor ou espía musulmán, foi enviado por Albuquerque a Cananor, e desde alí a Portugal. Mateu chegou a Lisboa en febreiro de 1514. Alí, os seus informes, a carta da raíña Eleni e o anco da cruz foron moi admirados polo rei e a súa comitiva.[5][6] Mentres Mateu estaba en Portugal, Albuquerque avanzou nun intento de tomar Adén, e unha expedición ao Mar Vermello, e sospéitase que a idea de que Massawa puidese devir nunha base portuguesa, puido estar influenciada por informes de Mateu.[3] Damião de Góis traduciu ao latín un opúsculo portugués sobre a embaixada etíope de Mateu, o cal tamén incluíu a famosa "carta do Preste Xoán" escrita pola raíña Eleni (1509) e unha "Confessio illorum fidei".
En 1515 o rei Manuel contestou cunha embaixada para acompañar Mateu a Etiopía. A misión foi encabezada por Duarte Galvão e incluíu o padre Francisco Álvares, con ricos agasallos para o rei de Etiopía. Navegaron desde Lisboa ata Goa en 7 de abril de 1515, co quen ía ser o novo gobernador, Lopo Soares de Albergaria. Desde Goa, partiu unha frota para o Mar Vermello tentando aterrar cos embaixadores en febreiro de 1517, á que se uniu o explorador italiano Andrea Corsali. Corsali escribiu varias cartas sobre a viaxe, nas que expón que pararon preto de Socotra e despois foron a Adén. Dado o mal tempo e a negativa de Albergaria de ir máis lonxe, non conseguiron máis aló do archipélago de Dahlak, dirixíronse a Massawa. Mateu tiña algúns contactos en Massawa, mais despois de semanas parados alí, Duarte Galvão morreu e abortouse a misión.
Álvares e Mateu tiveron que esperar ata a chegada da substitución de Soares, Diogo Lopes de Sequeira, quen continouo con éxito a embaixada con Don Rodrigo de Lima como substituto de Duarte Galvão. A partida por fin chegou a Massawa o 9 de abril de 1520 e dirixiuse á corte de Lebna Dengel. Alí, Álvares fixo amizade con varios europeos que gañaran o favor do emperador, incluíndo Pêro da Covilhã e Nicolao Branceleon. A partida de Álvares ficou seis anos en Etiopía e regresou a Lisboa entre 1526 e 1527.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.