Matemática aplicada
From Wikipedia, the free encyclopedia
A matemática aplicada é unha rama da matemática na que se trata da aplicación do coñecemento matemático a outras áreas. Tales aplicacións inclúen cálculo numérico, matemática na enxeñaría, programación linear, optimización, modelaxe continua, biomatemática e bioinformática, teoría da información, teoría de xogos, probabilidade e estatística, matemática financeira, criptografia, combinatoria e mesmo xeometría finita, teoría de grafos aplicada á análise de redes, e gran parte do que se chama ciencia da computación.
A matemática aplicada á enxeñaría describe procesos físicos, e por tanto, é moi similar á física teórica. Algunhas subdivisións importantes inclúen: dinámica dos fluídos, teoría acústica, as ecuacións de Maxwell que gobernan o electromagnetismo, mecánica etc.
Historicamente, a matemática era máis importante para as ciencias naturais e a enxeñaría. No entanto, dende a segunda guerra mundial, campos alleos ás ciencias físicas xeraron a creación de novas áreas da matemática, como a teoría de xogos e a teoría da escolla social, e o concepto de redes neurais, que xurdiron do estudo do cerebro en neurociencia.[1]