programa de cociña From Wikipedia, the free encyclopedia
MasterChef é un programa de televisión gastronómico español que busca o mellor cociñeiro afeccionado de España. O formato está baseado nun espazo de televisión británico de cociña co mesmo título. A produción do programa corre a cargo de Televisión Española en colaboración con Shine Iberia. Estreouse en La 1 o 10 de abril de 2013. O reality está conducido por Jordi Cruz, mentres que Jordi Cruz, Samantha Vallejo-Nágera e Pepe Rodríguez son os xefes de cociña que xulgan os pratos dos aspirantes.
MasterChef | |
---|---|
Formato | Concurso Gastronómico |
Creado por | Franc Roddam |
Presentado por | Eva González (2013-2019)
Jordi Cruz (2019-actualidade) |
Cadea | La 1 |
Día da estrea | 10 de abril de 2013 |
Nº de temporadas | 8 |
Na rede | |
http://www.rtve.es/television/masterchef/ | |
Só quince elixidos, de entre as 9.000 persoas que se presentaron ao casting da primeira edición, competiron polo título de MasterChef España.[1]
O gañador recibiu un premio de 100.000 euros en metálico, a publicación dun libro coas súas receitas e unha formación na escola de alta cociña en Le Cordon Bleu (durante a primeira e a segunda edición) e no Basque Culinary Center (a partir da terceira edición).[2][3]
Ás probas de selección, cooordinadas pola directora de casting de Shine Iberia, Esther González, e iniciadas o 4 de febreiro de 2013 en cinco comunidades autónomas do país, presentáronse profesionais de todo tipo, dende altos executivos até amas de casa ou obreiros da construción. A todos os candidatos uníaos a súa paixón por cociñar. Debían ser cociñeiros afeccionados pero «moi cualificados» en todos os casos, aínda que non traballaran no mundo da cociña.[4]
A versión española de MasterChef foi filmada nos Estudios Buñuel (nas dúas primeiras edicións) e dende Fuente el Saz de Jarama (onde se graba dende a terceira edición).
O programa está producido por Televisión Española en colaboración coa produtora Shine Iberia.[2][5] A raíz do éxito colleitado a nivel internacional, este espazo de cociña foi distribuído a diferentes canles de televisión de trinta e sete países dos cales cento cuarenta e cinco emitírono.[2][5]
Durante o programa, transcorren unha serie de probas ás que os aspirantes deben enfrontarse para demostrar que son os mellores. Cabe indicar que os concursantes teñen un tempo determinado para realizar todas as probas, no que deben cociñar o menú e telo emplatado, e unha vez finalizado non poderán modificar os pratos. Os aspirantes teñen 3 minutos para abastecerse dos ingredientes que poidan necesitar para cociñar do supermercado nas probas de interior. As probas ás que terán que facer fronte os concursantes son:
As elaboracións dos concursantes son valoradas por un xurado profesional composto por tres chefs, véndose en ocasións reforzado polos invitados do programa.
Tempada | N.º de programas | Participantes | Estrea | Final | Gañadores | Audiencia media | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | |||||||
1 | 13 | 15 | 10 de abril de 2013 | 2 de xullo de 2013 | Juan Manuel Sánchez | 3 421 000 | 18,3% | |
2 | 15 | 9 de abril de 2014 | 23 de xullo de 2014 | Vicky Pulgarín | 3 189 000 | 19,0% | ||
3 | 13 | 16 | 7 de abril de 2015 | 30 de xuño de 2015 | Carlos Maldonado | 3 090 000 | 18,6% | |
4 | 6 de abril de 2016 | 29 de xuño de 2016 | Virginia Naranjo | 3 071 000 | 19,7% | |||
5 | 16 de abril de 2017 | 28 de xuño de 2017 | Jorge Brazález | 2 495 000 | 17,5% | |||
6 | 15 | 22 de abril de 2018 | 9 de xullo de 2018 | Marta Verona | 2 528 000 | 18,9% | ||
7 | 16 | 26 de marzo de 2019 | 25 de xuño de 2019 | Aleix Puig | 1 847 000 | 15,0% | ||
8 | 18 | 13 de abril de 2020 | 6 de xullo de 2020 | Ana Iglesias | 2 932 000 | 23,1% | ||
9 | 16 | 13 de abril de 2021 | 13 de xullo de 2021 | Arnau París | 1 638 000 | 15,2% | ||
10 | 18 de abril de 2022 | 18 de xullo de 2022 | María Lo | 1 642 000 | 14,6% | |||
11 | 25 | 26 | 27 de marzo de 2023 | 19 de xuño de 2023 | Eneko Fernández | 1 349 000 | 13,3% | |
Total | 132 | 159 | 10 de abril de 2013 | 19 de xuño de 2023 | 2 821 000 | 18,8% |
O 23 de decembro de 2014 emitiuse un especial de Nadal cheo de reencontros, maxia, emoción e as mellores receitas de Nadal cos exconcursantes Juan Manuel, Eva, Fabián, Maribel, Vicky, Mateo, Cristóbal e Churra das dúas primeiras edicións ordinarias, e Mario, Ana Luna, Esther e Aimar, da primeira edición de MasterChef Junior. Os aspirantes enfrontáronse, individualmente e por parellas, a tres retos, doando os gañadores de cada proba o premio a unha obra social. En total repartíronse 6.000 euros. Foi presentado por Eva González e os tres membros do xurado Pepe Rodríguez, Jordi Cruz e Samantha Vallejo-Nágera, a cal ademais mostrou trucos sinxelos para vestir a mesa e gozar dunha comida elegante e con estilo. Acudiron os chefs Kiko Moyá, Carles Abellán e Toño Pérez, dando ideas aos aspirantes para crear os pratos perfectos para un menú de Nadal.[6] Contou cunha audiencia de 2.330.000 espectadores e un 13% de cota de pantalla.
Xurado | Lugar de residencia | Profesión |
---|---|---|
Pepe Rodríguez | Toledo | Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «El Bohío» en Illescas, Toledo |
Jordi Cruz | Barcelona | Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «ABaC» de Barcelona |
Samantha Vallejo-Nágera | Madrid | Presentadora de El toque de Samantha e propietaria de «Samantha Cátering». |
Concursantes[7] | Lugar de procedencia | Idade | Ocupación | Duración | Información | |
---|---|---|---|---|---|---|
Juan Manuel Sánchez Reche | Almería | 25 | Camareiro | 83 días | Gañador[8] | |
Eva Micaela Millán | Córdoba | 32 | Bióloga | 83 días | 2ª finalista | |
Fabián León | Palma de Mallorca | 18 | Estudante | 83 días | 3º finalista | |
José David Moliner | Valencia | 33 | Enxeñeiro Informático | 76 días | 13º expulsado | |
Maribel Gil | Castelló de la Plana | 59 | Ama de casa | 69 días | 12ª expulsada | |
José Antonio Cerezo | Teruel | 37 | Soldador | 62 días | 11º expulsado | |
Clara Pérez Villalón | Madrid | 22 | Estudante | 55 días | 10ª expulsada | |
María de la Fuente | Córdoba | 23 | Esteticista | 48 días | 9ª expulsada | |
José Luis | Pamplona | 58 | Policía Foral | 41 días | 8º expulsado | |
Noé Carmona | Córdoba | 32 | Revenue Manager | 41 días | 7º expulsado | |
Santiaga Muñoz | Cidade Real | 52 | Ama de casa | 13 días / 1 día | 3ª expulsada / 6ª expulsada | |
Efrén Álvarez | Lugo | 24 | Estudante | 27 días | 5º expulsado | |
Nati Kaa Sánchez | Bilbao | 42 | Administrativa | 20 días | 4ª expulsada | |
Juanma Villar | Madrid | 48 | Empresario | 7 días | 2º expulsado | |
Paloma Ayensa | Madrid | 22 | Estudante | 1 día | 1ª expulsada |
Xurado | Lugar de residencia | Profesión |
---|---|---|
Pepe Rodríguez | Toledo | Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «El Bohío» en Illescas, Toledo |
Jordi Cruz | Barcelona | Cociñeiro e xefe de cociña do restaurante «ABaC» de Barcelona |
Samantha Vallejo-Nágera | Madrid | Presentadora de El toque de Samantha e propietaria de «Samantha Cátering». |
Concursantes | Lugar de procedencia | Idade | Ocupación | Duración | Información | |
---|---|---|---|---|---|---|
Vicky Pulgarín | Mallorca | 31 | Carniceira en paro | 91 días | Gañadora[9] | |
Mateo Sierra | Huesca | 20 | Estudante de Historia da Arte | 91 días | 2° finalista | |
Cristóbal Gómez | Granada | 33 | Camareiro | 49 días / 21 días | 8º expulsado / 3° finalista | |
Emil Samper | Barcelona | 44 | Realizador de publicidade | 84 días | 13° expulsado | |
Lorena Ruiz | Málaga | 39 | Enxeñeira de son e DJ | 35 días / 14 días | 6ª expulsada / 12ª expulsada | |
Cristina Romero | Madrid | 46 | Empresaria | 70 días | 11ª expulsada | |
Milagrosa Gavilán | Xerez da Fronteira | 51 | Dependenta | 63 días | 10ª expulsada | |
Marina Rodríguez Negro | Mallorca | 46 | Asistente de dirección | 56 días | 9ª expulsada | |
Gonzalo Ribot | Madrid | 48 | Profesor de ioga | 56 días | Abandono voluntario | |
Celia Lastres | Madrid | 27 | Técnico de radioterapia | 42 días | 7ª expulsada | |
Jorge Cuéllar | Segovia | 36 | Doctor en Bioloxía molecular | 28 días | 5º expulsado | |
Miguel Ángel Martínez | Madrid | 41 | Oficial funerario | 21 días | 4º expulsado | |
Churra Costa | Pontevedra | 71 | Ama de casa | 14 días | 3ª expulsada | |
Daniel Díez | Valencia | 34 | Arquitecto | 7 días | 2º expulsado | |
Lola Hidalgo | Córdoba | 22 | Estudante de Ciencias Ambientais | 1 día | 1ª expulsada |
Ano | Galardón | Categoría | Resultado |
---|---|---|---|
2013[10] | Premios da Crítica do FesTVal | Mellor programa interesante | Gañador |
2013[11] | Premios Ondas | Mellor programa de entretemento | Gañador |
2013[12] | Lovie Awards | Mellor programa de televisión | Gañador |
2014[13] | Premios Zapping | Mellor programa de entretemento | Gañador |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.