From Wikipedia, the free encyclopedia
Mary Anning, nada o 21 de maio de 1799 en Lyme Regis (West Dorset) e finada o 9 de marzo de 1847, foi unha paleontóloga e colleitadora de fósiles inglesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de maio de 1799 Lyme Regis (Reino de Gran Bretaña) |
Morte | 9 de marzo de 1847 (47 anos) Lyme Regis (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) |
Causa da morte | morte natural |
Relixión | Igrexa congregacional e Igrexa Anglicana |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía |
Ocupación | paleontóloga, dealer of naturalia (en) , coleccionista de fósiles |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, first supplement (en) Obálky knih, Pioneers of Science and Technology (en) , (p.9-12) |
Anning naceu na vila de Lyme Regis. O seu pai era ebanista e complementaba os seus ingresos cavando nos acantilados cheos de fósiles preto da vila e vendendo despois o que atopaba ós turistas. A súa nai era Mary Moore, e a parella tivo dez fillos.[1], mais só dous chegaron a adultos, Mary e Joseph[2].
O 19 de agosto de 1800, cando tiña quince meses, sobreviviu a un raio que matou outras tres mulleres. Tivo unha educación moi limitada, asistiu á escola dominical da igrexa congregacionista, onde lle aprenderon a ler e escribir. Ó morrer de tuberculose no 1810, a familia quedou sen soporte, e Mary comezou a recoller fósiles a tempo total para gañar cartos. A comezos do século XIX, coleccionar fósiles estaba de moda; primeiro como pasatempo, pero pouco a pouco foise transformando nunha ciencia ó incrementarse a importancia dos fósiles en bioloxía e xeoloxía. Ese mesmo camiño seguiu Anning, decantándose cada vez máis cara a aspectos científicos, a partir do descubrimento casual dun esqueleto completo de ictiosauro, o primeiro de que se ten constancia, o que fixo ós 12 anos.
Foi ese descubrimento o que levou a un mecenas a axudar ós Anning e permitir que Mary construíra a súa propia colección de fósiles, desenterrando o primeiro esqueleto de plesiosauro no 1821, e no 1828 o primeiro fósil de pterodáctilo fóra de Alemaña, completando así os seus grandes descubrimentos, que foron acompañados doutros moitos menores, o que lle valeu que a Asociación Británica para o Avance da Ciencia lle pasara unha asignación anual, así como que a Sociedade xeolóxica de Londres a fixera membro honorario pouco tempo antes da súa morte por cancro. Dáse a circunstancia que este derradeiro recoñecemento foi a título honorario debido a que, pola súa condición feminina, non podía ser membro de condición xeral.
A súa actividade asentou a base para a idea da extinción das especies, en particular os tres grandes esqueletos mencionados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.