político irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
James Martin Pacelli McGuinness (en irlandés: Séamus Máirtín Pacelli Mag Aonghusa)[1] nado en Derry o 23 de maio de 1950 e finado ibídem o 21 de marzo de 2017,[2] foi un político irlandés do Sinn Féin, viceministro principal de Irlanda do Norte dende maio de 2007 até xaneiro de 2017.[3]
Antigo dirixente do Provisional Irish Republican Army (IRA), McGuinness foi membro do parlamento MP por Mid Ulster dende 1997 até a súa dimisión en 2013.[4][5] Como todos os membros do parlamento do Sinn Féin, McGuinness practicou o abstencionismo en relación ó Parlamento de Westminster. Despois do acordo de San Andrews e a elección de Asemblea en 2007, como dirixente político de Sinn Féin no norte, converteuse en viceministro principal de Irlanda do Norte en 8 de maio de 2007, sendo o líder do Partido Unionista Democrático (DUP) Ian Paisley que se converteu en Primeiro Ministro.[6] O 5 de xuño de 2008 foi renomeado como deputado Primeiro Ministro para servir ó lado de Peter Robinson, quen sucedeu a Paisley como Primeiro Ministro. McGuinness anteriormente serviu como Ministro de Educación no Executivo de Irlanda do Norte entre 1999 e 2002. Foi candidato polo Sinn Féin para Presidente de Irlanda nas eleccións de 2011.[7][8][9]
Traballou a carón do enviado especial estadounidense George Mitchell, sendo un dos principais responsables do Acordo do Venres Santo que foi a base sobre a que se construíu o proceso de paz de Irlanda do Norte.[10]
O 9 de xaneiro de 2017, McGuinness dimitiu como deputado en protesta polo escándalo das enerxías renovables ou escándalo RHI.[11] O 19 de xaneiro anunciou que non se presentaría para a re-elección na Asemblea de Irlanda do Norte nas eleccións de marzo por mor do seu estado de saúde. Pouco tempo despois sufriu unha amiloidose, unha condición que ataca os órganos vitais, que lle provocou a morte o 21 de marzo de 2017, con 66 anos.[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.