From Wikipedia, the free encyclopedia
Mars Science Laboratory ou MSL, tamén coñecido polo nome do róver, Curiosity, é unha sonda espacial da NASA lanzada o 26 de novembro de 2011 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]
Mars Science Laboratory | |
---|---|
Autofoto de Curiosity | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Na superficie de Marte.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 26 de novembro de 2011, 15:02 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Atlas 5[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[1][2] |
NSSDC ID | 2011-070A |
Masa | 3839 kg ao lanzamento, 750 kg só o róver[1] |
MSL é un róver de exploración marcián enviado para estudar a superficie do planeta vermello e determinar se foi habitabla nalgún momento da súa historia. Os seus obxectivos científicos son:[1][2][3]
O róver ten seis rodas e mide uns 2,8 m de lonxitude, cunha masa de 750 kg. O corpo principal do vehículo está formado pola caixa que contén a electrónica e os procesadores, chamada WEB (Warm Electronics Box). Sobre ela atópase a cuberta de equipamento, co mastro, as cámaras e outro equipamento científico. O róver tamén conta cun brazo robotizado con instrumentación científica. A velocidade máxima do róver é de 4 cm/s e obtén a súa enerxía dun xerador termoeléctrico de radioisótopos (RTG polas súas siglas en inglés) alimentado por plutonio que producía 125 W de potencia ao inicio da misión.[1][2][3]
MSL foi lanzado dentro dun escudor protector acaroado a unha etapa de cruceiro o 26 de novembro de 2011 ás 15:02 UTC mediante un Atlas V na súa versión 541. Chegou a Marte en agosto de 2012, tras 8 meses de travesía espacial. O 6 de agosto a cápsula con Curiosity no seu interior entrou na atmosfera marciana, protexido por un escudo térmico e facendo unha serie de manobras en S para reducir a súa velocidade. Tres minutos antes da aterraxe a cápsula despregou un paracaídas, usando retrofoguetes na etapa final do descenso. O róver tocou solo ás 5:32 UTC do 6 de agosto de 2012 no cráter Gale. Tras varios días de comprobacións, Curiosity púxose en marcha o 22 de agosto para comezar o seu estudo de Marte.[1][2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.