esquiadora de fondo norueguesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Marit Bjørgen, nada en Trondheim o 21 de marzo de 1980 é unha esquiadora de fondo norueguesa retirada. É a primeira na listaxe de todos os tempos da Copa do Mundo de Esquí de Fondo con 114 vitorias individuais. Bjørgen tamén é a esquiadora de máis éxito na historia da Copa do Mundo, con 29 vitorias. Liderou o medalleiro dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 con cinco medallas, incluídas tres de ouro. Olímpica en cinco ocasións, as cinco medallas que gañou en Pyeongchang 2018 elevaron o total a quince, o maior número de medallas gañada por persoa ningunha na historia dos Xogos Olímpicos de Inverno.[1]
O 6 de abril de 2018, anunciou a súa retirada do esquí de fondo despois da tempada 2017–18.[2]
Na tempada 2009–2010 Bjørgen tivo un informe para unha exención por uso terapéutico ("Therapeutic Use Exemption, TUE) emitido pola International Ski Federation (FIS) para o medicamento Symbicort para a asma, que contén substancias da listaxe prohibida da Axencia Mundial Antidopaxe (WADA).[3] Bjørgen continuaba a empregar o medicamento nos Xogos Olímpicos de 2010 e foi fortemente criticada por Justyna Kowalczyk que a acusou de dopaxe.[4][5] Dende setembro de 2011, os deportistas non precisan dunha TUE para o Symbicort, e pode empregarse por calquera deportista, mais en doses restrinxidas.[6]
Bjørgen vive coa súa parella Fred Børre Lundberg, antigo campión olímpico de combinada nórdica, en Holmenkollen, Oslo.[7] En 2015, Bjørgen anunciou que estaba embarazada e non competiría na seguinte tempada, volvendo na tempada de 2017.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.