From Wikipedia, the free encyclopedia
Mario Iceta Gavicagogeascoa, nado en Gernika-Lumo o 21 de marzo de 1965,[1] é un eclesiástico católico vasco, actualmente bispo diocesano de Bilbao.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Mario Iceta Gavicagogeascoa 21 de marzo de 1965 (59 anos) Gernika-Lumo, España |
Roman Catholic Archbishop of Burgos (en) | |
6 de outubro de 2020 – ← Fidel Herráez Vegas (pt) | |
Bispo de Bilbao | |
24 de agosto de 2010 – 11 de maio de 2021 ← Ricardo Blázquez – Joseba Segura Etxezarraga → Diocese: diocese de Bilbao | |
Bispo auxiliar | |
5 de febreiro de 2008 – 24 de agosto de 2010 Diocese: diocese de Bilbao | |
Bispo titular | |
5 de febreiro de 2008 – 24 de agosto de 2010 ← Stanisław Smoleński (en) – Nelson Francelino Ferreira (pt) → Diocese: titular see of Alava (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1994–), profesor universitario |
Empregador | Universidade de Navarra |
Lingua | Lingua castelá |
Consagración | Ricardo Blázquez |
Foi ordenado sacerdote da diocese de Córdoba o 16 de xullo de 1994[1] polo bispo diocesano José Antonio Infantes Florido.
Na diocese cordobesa, comezou como coadxutor da parroquia da Asunción de Priego de Córdoba en 1994. Posteriormente pasou a ser párroco en Almodóvar del Río, entre 2002 e 2004. Foi nomeado párroco en Lucena e vigairo episcopal da Campiña en 2004, cóengo penitenciario en 2005, e vigairo xeral e ecónomo catedralicio en 2007.[2]
No ámbito académico, obtivo en 1995 o doutoramento en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra,[2] e en 2002 o doutoramento en Teoloxía polo Pontificio Instituto Xoán Paulo II (Roma). En 2004 obtivo o máster en Economía pola UNED, foi nomeado membro correspondente da Real Academia de Córdoba, e comezou como profesor asociado de Teoloxía Moral e Bioética na Universidade de Navarra. Foi fundador da Sociedade Andaluza de Investigación Bioética.[2]
O 5 de febreiro de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Bilbao,[1] e bispo titular de Alava. Recibiu a ordenación episcopal de mans de Ricardo Blázquez o 12 de abril de 2008,[1] sendo os co-consagradores Carlos Amigo Vallejo, arcebispo de Sevilla, e Manuel Monteiro de Castro, nuncio apostólico para España.
O 24 de agosto de 2010 foi nomeado bispo diocesano de Bilbao,[1] tomando o 11 de outubro posesión da sé.[3]
O 6 de outubro de 2020 foi nomeado arcebispo metropolitano de Burgos.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.