From Wikipedia, the free encyclopedia
Marie Dressler, nada en Cobourg, Ontario o 9 de novembro de 1868 e finada en Santa Barbara, California o 28 de xullo de 1934 foi unha actriz de cinema e teatro canadense-estadounidense.
(1930) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Leila Marie Koerber 9 de novembro de 1868 Cobourg, Canadá (pt) |
Morte | 28 de xullo de 1934 (65 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, guionista, actriz de teatro, produtora, directora de cinema |
Período de actividade | 1886 - 1934 |
Empregador | Estúdios Keystone (pt) Metro-Goldwyn-Mayer |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Marie Dressler |
Pai | Alexander Rudolph Koerber |
Irmáns | Bonita Louise Koerber |
Premios | |
| |
|
Naceu no Canadá, filla de Alexander Rudolph Koerber, austríaco que fora oficial na Guerra de Crimea e Anna Henderson. Ambos os dous pais eran músicos. Aos catorce anos marchou da casa para traballar como actriz e corista. Debutou en Broadway en 1892, chegando a converterse anos despois nunha estrela de vodevil. En 1902 coñeceu a Mack Sennet, ao que axudaría a conseguir traballo no teatro.
Durante a primeira guerra mundial fixo xiras polos Estados Unidos vendendo bonos de guerra.
O seu primeiro papel importante no cinema chegou en 1914 en Tillie's Punctured Romance, dirixido por Sennett e protagonizado por Charles Chaplin. O filme foi un éxito de público, polo que durante os seguintes anos seguiría facendo comedias. Na folga de actores de 1919 en Nova York a Chorus Equity Association elixiuna como primeira presidenta. A súa belixerancia fíxolle difícil obter traballo durante os anos vinte.
En 1927, a guionista Frances Marion, da Metro-Goldwyn-Mayer, usou a súa influencia para que a contratasen. Un dos primeiros filmes na MGM foi The Callahans and the Murphys. O filme inicialmente foi un éxito, pero as protestas dos irlandeses pola imaxe que daba deles fixo que o filme fose cortado e posiblemente destruído. Finalmente cos seus seguintes filmes recuperaría a sona.
Gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Min and Bill, con Wallace Beery. Seguiu traballando ata que lle diagnosticaron un cancro terminal, causa do seu pasamento en 1934.
Ano | Filme |
---|---|
1909 | Marie Dressler |
1910 | Actors' Fund Field Day |
1914 | Tillie's Punctured Romance |
1915 | Tillie's Tomato Surprise |
1917 | Fired |
1917 | The Scrub Lady |
1917 | Tillie Wakes Up |
1918 | The Red Cross Nurse |
1918 | The Agonies of Agnes |
1927 | Breakfast at Sunrise |
1927 | The Joy Girl |
1927 | The Callahans and the Murphys |
1928 | Patsy |
1928 | Bringing Up Father |
1929 | Voice of Hollywood |
1929 | The Vagabond Lover |
1929 | Dangerous Females |
1929 | Hollywood Revue of 1929 |
1929 | The Divine Lady |
1930 | The Voice of Hollywood No. 14 |
1930 | Screen Snapshots Series 9, No. 14 |
1930 | The March of Time |
1930 | Anna Christie |
1930 | Derelict |
1930 | Let Us Be Gay |
1930 | Caught Short |
1930 | One Romantic Night |
1930 | The Girl Said No |
1930 | Chasing Rainbows |
1930 | Min and Bill |
1931 | Jackie Cooper's Birthday Party |
1931 | Politics |
1931 | Reducing |
1932 | Prosperity |
1932 | Emma |
1933 | Going Hollywood |
1933 | Cea ás oito |
1933 | Tugboat Annie |
1933 | Christopher Bean |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marie Dressler |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.