pintora rusa From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Dmitreyevna Raevskaia-Ivanova (en ucraíno: Марія Дмитрівна Раєвська-Іванова), nada en 1840, preto de Gavrilovka (Gobernación de Khárkiv), e finada en Khárkiv en outubro do 1912, foi unha pintora e profesora de arte ucraína. No ano 1868, converteuse na primeira muller no Imperio Ruso en ser distinguida co título "Artista Libre" pola Academia Imperial de Artes.[1]
Naceu no seo dunha familia de terratenentes e foi educada no fogar. Posteriormente, estudou no estranxeiro compabilizando a formación artística con cursos de etnografía, arqueoloxía, historia da arte e lingüística pasando cinco anos entre Francia, Italia e Dresden.[2]
Regresou ao seu país no ano 1868, superando o exame de "Artista Libre" da Academia Imperial e, o ano seguinte, instalada en Khárkiv, abriu unha escola privada de debuxo e pintura. Nela proporcionaba aloxamento de balde para os estudantes pobres.[3][4][5] No 1872, foi admitida como membro de honra da Academia polos métodos anovadores que empregada na súa tarefa docente, que gañou sona polos premios gañados polos seus alumnos en exposicións.[6]
A escola fundada por Raevskaia-Ivanova estivo 27 anos en funcionamento, formando a uns 900 estudantes, entre eles descatan Serhii Vasylkivsky, Alexei Beketov e Konstantin Pervukhin.[7][4]
A titularidade da escola foi asumida polo concello no ano 1896.[5] No 1912, foi renomeada como Escola de Arte de Khárkiv, un centro satélite da Academia Imperial, baixo a dirección de Alexander Lubimov.[8][9] Durante o período soviético foi convertida nunha escola técnica e na actualidade é denominada Academia Estatal de Deseño e Artes de Khárkiv.
Alén da súa pintura e a docencia, escribiu numerosos panfletos e artigos sobre a instrución da arte, así como un manual, cuxo título pode ser traducido como "O ABC de debuxo para a familia e a escola" (1879).[1]
O seu marido, Sergei Alexandrovich, era tamén profesor empregado polo concello de Khárkiv. O seu fillo, Alexander Sergeyevich, foi enxeñeiro técnico e axudou no deseño varios tipos de locomotoras rusas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.