Margaride, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
San Fiz de Margaride é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 174 habitantes (90 mulleres e 84 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.
Margaride | |
---|---|
Igrexa de San Fiz de Margaride. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°42′22″N 8°16′22″O |
Poboación | 127 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar de Vilanova, atópanse o tanatorio de Silleda, o punto limpo municipal e a empresa Nudesa, cuxo edificio, debido á súa altura, se pode ver desde diversos puntos da xeografía silledense.
Atravesada pola Vía da Prata e a apenas 40 km do Obradoiro, destaca no lugar de Costela a Casa Méndez, unha casa-torre do século XV, reconvertida en casa de turismo rural. Tamén neste lugar se atopa a casa e taller do pintor Manuel Colmeiro Guimarás, onde naceu a súa filla Elena Colmeiro González, unha galardoada ceramista.
Lugares da parroquia de Margaride no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.