A marcha do sal, tamén coñecida como marcha de Dandi e o sal Satyagraha, foi un acto de desobediencia civil non-violento que se produciu na India colonial iniciado por Mohandas Gandhi para producir sal coa auga do mar. Con este acto, reivindicouse unha práctica que fora común até que os oficiais británicos introduciron impostos na produción do sal, declararon as actividades de reclamación do sal como ilegais e empregaron o uso da forza repetidamente para frealo. A marcha, de vinte e catro días, comezou o 12 de marzo de 1930 como unha campaña de acción directa e protesta non violenta en contra do monopolio británico do sal, conseguindo a atención internacional, dando un gran pulo ó movemento de independencia da India e comezou o Movemento internacional de desobediencia civil.

Thumb
Gandhi recolle uns grans de sal ó remate da marcha.

A marcha foi o desafío organizado máis significativo contra a autoridade británica dende o movemento de non cooperación de 1920–22, e foi seguido pola declaración de soberanía de Purna Swaraj e o autogoberno polo Congreso Nacional Indio o 26 de xaneiro de 1930.[1]

Gandhi liderou a marcha de Dandi dende a súa residencia, Sabarmati Ashram, preto da cidade de Ahmedabad. 78 persoas comezaron a marcha con Gandhi, que pretendían camiñar 390 km até a vila costeira de Dandi, que se atopa en Navsari, no estado de Gujarat. Como o obxectivo de Gandhi e os seus seguidores era producir sal sen pagar impostos, un número crecente de indios uníronse no seu camiño. Cando Gandhi crebou coa lei do sal ás 6:30 am o 6 de abril de 1930, millóns de indios imitárono e comezaron a facer actos de desobediencia civil contra o Raj Británico.[2] A campaña tivo un efecto significativo en todo o mundo, e especialmente nas actitudes británicas cara á soberanía india e o autogoberno.[3][4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.