From Wikipedia, the free encyclopedia
O maratón[1] é unha proba deportiva incluída dentro do atletismo. É unha carreira pedestre cun percorrido de 42 195 m, conmemorativa da vitoria de Maratón dos gregos sobre os persas.
Durante moito tempo, as mulleres foron excluídas, a pesar dalgúns casos como Stamata Revithi (no 1896), que non foron incluídos en resultados oficiais.[2][3] Marie-Louise Ledru está acreditada como a primeira muller en completar un maratón, en 1918.[4][5][6] Violet Piercy é a primeira muller que ten un tempo oficial, conseguido en 1926.[2] O maratón feminino foi introducido nas Olimpíadas de verán de 1984 (Os Ánxeles, USA) e foi gañado por Joan Benoit (USA, 2 h 24 min 52 s).[7]
A proba de maratón máis antiga do mundo é a de Boston, que se celebra desde 1897.[8] O estadounidense John A. Kelley completou a proba 61 veces (entre 1928 e 1992), gañándoa en dúas ocasións (1935 e 1945).
O medio maratón é tamén unha proba recoñecida oficialmente. Así mesmo, gozan de popularidade o ultramaratón e mais o ironman.
Distancias olímpicas para o maratón | |
Ano | Distancia (km) |
---|---|
1896 | 40 |
1900 | 40,26 |
1904 | 40 |
1906 | 41,86 |
1908 | 42,195 |
1912 | 40,2 |
1920 | 42,75 |
1924 e sucesivas | 42,195 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.