Mar de Tasmania
parte do Océano Pacífico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Tasmania está situado ao suroeste do océano Pacífico, entre a Australia continental e a illa de Tasmania ao oeste, e a Illa Norte e Illa Sur de Nova Zelandia ao leste.
Mar de Tasmania | |
---|---|
Tasman Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | Australia Nova Zelandia |
División | Nova Gales do Sur, Victoria e Tasmania (AUS) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Oceanía |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar do Coral |
Illas interiores | Illas de Lord Howe, Pirámide de Ball e illa Norfolk |
Accidentes | |
Golfos e baías | Enseada de Karamea |
Características | |
Superficie | 2 331 000 km² |
Lonxitude máxima | 2 800 km |
Anchura máxima | 2 000 km |
Outros datos | |
Descubridor | Abel Tasman |
Áreas protexidas | Parques nacionais de Bundjalung, Yuraygir, Hat Head, Baía Crowdy, Lagos Myall, Royal e Mimosa Rocks (AUS) Parque nacional de Fiordland (NZ) |
Mapa | |
Localización do mar de Tasmania. | |
Vista satélite do mar de Tasmania | |
Este mar toma o seu nome da illa de Tasmania, descuberta (así como Nova Zelandia) no século XVII polo explorador holandés Abel Tasman. Posteriormente, o explorador británico James Cook explorou extensivamente o mar de Tasmania durante a década de 1770 como parte da súa primeira viaxe de descubrimento. Tamén a expedición de Alessandro Malaspina sucou as súas augas durante o ano 1793, fondeando en Doubtful Sound (Illa Sur de Nova Zelandia) e en Sydney (Australia).
De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, fíxase convencionalmente o límite entre o mar de Tasmania e o mar do Coral na continuación da fronteira entre os estados australianos de Queensland e Nova Gales do Sur.
Existen varios grupos de illas situadas no mar de Tasmania, lonxe da costa de Australia e Nova Zelandia:
- as Illas de Lord Howe e as súas illas subsidiarias.
- Ball's Pyramid.
- a Illa de Norfolk, no extremo norte do mar de Tasmania, xusto no límite co Mar do Coral.