mar From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Groenlandia é a parte máis setentrional do océano Atlántico Norte, inmediatamente ao sur do océano Ártico. Está localizado entre a costa oriental de Groenlandia, as illas Svalbard, a illa de Jan Mayen e Islandia. O mar de Groenlandia defínese a miúdo como parte do océano Ártico,[1][2] e ás veces como parte do océano Atlántico.[3] Comprende aproximadamente 1 205 000 km² e a súa profundidade media é duns 1.450 m. O punto máis profundo, 5.600 m,[4] foi atopado na fosa Molloy («Molloy Deep»), no estreito de Fram, entre o nordés de Groenlandia e as Svalbard.[5]
Mar de Groenlandia | |
---|---|
Greenland Sea - Grønlandshavet | |
Localización administrativa | |
Estado | Dinamarca Noruega Islandia |
División | Groenlandia (DIN) Jan Mayen e illas Svalbard (NOR) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico - océano Atlántico |
Continente | América do Norte |
Illa/s | Groenlandia (DIN) Jan Mayen e illas Svalbard (NOR) Islandia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Noruega |
Subdivisións | Mar de Wandel |
Accidentes | |
Estreitos | Estreito de Fram |
Características | |
Superficie | 1 205 000 km² |
Profundiade máxima | 5.600 m (Molloy Deep) |
Profundidade media | 1.450 m |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Parque Nacional do nordeste de Groenlandia (GRO) |
Mapa | |
Localización do mar de Groenlandia. | |
O mar de Groenlandia, próximo o mar de Noruega. | |
O mar de Groenlandia está limitado ao oeste pola illa de Groenlandia, e ao sur polo estreito de Dinamarca e Islandia; ao sueste, detrás da illa Jan Mayen, atópase a vasta extensión do mar de Noruega, do que ás veces o mar de Groenlandia se considera unha extensión. A través do estreito de Fram, ao nordeste, o mar está delimitado polo arquipélago das illas Svalbard.
Este brazo do océano Glacial Ártico é o principal conduto das súas augas cara ao océano Atlántico.[5] As progresivamente frías augas da Corrente do Atlántico Norte («North Atlantic Current») afúndense no océano Ártico, retornando ao sur en forma de Corrente Groenlandia Este («East Greenland Current»), unha parte importante da cinta transportadora do Atlántico. Debido á deriva de xeo do Ártico, pártea norte do mar de Groenlandia de cando en cando está aberta á navegación.
As principais especies que habitan este mar atópanse na base da cadea alimentaria. Existen grandes invertebrados, peixes, aves e mamíferos (incluídos focas, baleas e delfíns, que se alimentan de invertebrados e pequenos organismos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.