From Wikipedia, the free encyclopedia
María Tareixa de Austria e Borbón (en francés: Marie-Thérèse d'Autriche), nada en San Lorenzo de El Escorial o 10 de setembro de 1638 e finada en Versalles o 30 de xullo de 1683, foi unha Infanta de España, Infanta de Portugal, Arquiduquesa de Austria e, Raíña consorte de Francia desde 1660, aínda que isto non impediu que Francia atacase a España en Flandres durante a Guerra de Devolución, nin no Caribe, apoiando aos piratas (filibusteiros e bucaneiros) desde a Illa da Tartaruga (base francesa pirata, onde se abastecían de pólvora, municións,...), chegando a atacar a parte occidental da Española en mans francesas (Haití), con apoio oficial até 1665, que foi restablecido posteriormente.
Filla do Rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa a princesa Isabel de Francia, era por parte de nai, a neta do Rei Henrique IV de Francia e á súa vez irmá do rei Carlos II de España
O 9 de xuño de 1660 contraeu matrimonio con Lois XIV de Francia, o chamado Rei Sol, primo-irmán seu por dobre liña, tanto por parte de pai como de nai. A súa entrega como prometida do rei formalizouse en Irún (Illa dos Faisáns), nun acto cuxa preparación contou coa participación de Velázquez.
A raíña María Teresa levou unha vida de illamento e de tristeza durante todo o seu reinado. Salvo por unha breve rexencia en 1672, durante a campaña do rei contra Holanda, non desenvolveu actividade política algunha.
Deu seis fillos ao rei, dos cales só Lois, o chamado "Gran Delfín", sobreviviuna. Unha enfermidade devastadora acabou coa súa vida en 1683, cando soamente contaba con 44 anos de idade.
Anos máis tarde o seu neto, Filipe de Francia, duque de Anjou, segundo fillo do Gran Delfín, sería proclamado Rei de España co nome de Filipe V como sucesor de Carlos II, medio irmán máis novo de María Tareixa, polo cal os dereitos dinásticos da actual familia real española pasan polos da súa antecesora e matriarca, única filla do rei Filipe IV en ter descendencia na actualidade.
Dos seis fillos que tivo co rei Lois XIV de Francia, só o maior, Lois, chegou á idade adulta, probablemente por culpa da consanguinidade:
Existe ademais unha lenda que di que a raíña tivo unha filla con Nabo, o seu paxe de orixe africana. A nena, de nome Louise Marie Thérèse, sería oculta nun convento.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.