![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a7/Man%25C3%25A1_-_Rock_in_Rio_Madrid_2012_-_01.jpg/640px-Man%25C3%25A1_-_Rock_in_Rio_Madrid_2012_-_01.jpg&w=640&q=50)
Maná
From Wikipedia, the free encyclopedia
Maná é unha banda mexicana de Rock fundada en 1987 de grande éxito.
Maná | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Guadalajara, México ![]() |
Período | 1987-actualidade |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music |
Membros | Fernando Olvera Juan Calleros Alejandro González "El Animal" Sergio Vallín |
Antigos membros | Ulises Calleros Iván González Cesar López "Vampiro" |
Na rede | |
mana.com.mx | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A banda ten gañado catro premios Grammy, sete Premios Grammy Latinos, cinco MTV Video Music Awards Latinoamérica, cinco Premios Juventud, quince Premios Billboard de la Música Latina e quince dos Premios Lo Nuestro. Ademais obtivo múltiples premios polo seu labor a favor do ecoloxismo[1] En 2012 formaron parte do paseo do rock en Hollywood, Estados Unidos.
O son da banda baséase no rock latino, ritmos latinos, pop latino e o rock en español.[2] Nun principio recibiron o éxito comercial internacional en México, Australia e España, e dende aquela teñen gañado popularidade e a exposición en toda América Latina, Estados Unidos, Europa Occidental, Asia e Oriente Medio. Maná ten vendido máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, sendo unha das bandas de rock en castelán con maior rexistro de vendas.[3][4]