From Wikipedia, the free encyclopedia
Jose Fernando Emilio Olvera Sierra, coñecido como Fher Olvera, nado en Puebla, México, o 8 de decembro de 1959, é o compositor, guitarrista e vocalista da banda de rock mexicana Maná.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1959 (64 anos) Puebla, México |
Actividade | |
Ocupación | músico, guitarrista, cantante, compositor, compositor de cancións |
Período de actividade | 1958 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e música de América Latina |
Instrumento | Guitarra e voz |
Licenciado en Comunicación pola Universidade de UNIVA, os seus inicios musicais remóntanse a cando estudaba primaria, época na que participaba no coro da escola no que cantaba temas de Agustín Lara e Consuelito Velázquez.
O xermolo do que hoxe é Maná foi a banda Green Hat formada en 1978, que axiña pasou a chamarse Sombrero Verde (1980). Fher Olvera foi parte desta formación que, malia o nome e as cancións en inglés dun primeiro momento, axiña se identificou coas súas raíces latinas.
En 1986 a banda troca o seu nome polo de Maná. Desde a formación de Green Hat até a actualidade, Fernando Olvera está vencellado a esta banda, que sufriu moitos cambios ao longo dos anos.
O mesmo Fher Olvera di que desde neno escoitou moito rock, xa que era o xénero do que gustaban as súas irmás máis vellas. Destas primeiras influencias destacan The Beatles e The Doors. Na actualidade confesa ser un grande admirador de Paul McCartney e Sting, aos que desexa imitar no que se refire ao seu estilo
Fernando Olvera é coñecido non só como artista musical, senón tamén polo seu compromiso social. Preocúpanlle os conflitos sociais, o medio ambiente... Neste senso, destaca a súa excelente relación con Bono de U2, quen tamén é coñecido polo seu compromiso social.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.