Manuel Puig
escritor arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Manuel Puig Delledonne, nado en General Villegas o 28 de decembro de 1932 e finado en Cuernavaca o 22 de xullo de 1990, foi un escritor arxentino de relevancia mundial polas súas novelas Boquitas pintadas, El beso de la mujer araña e Pubis angelical.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Manuel Puig Delledonne 28 de decembro de 1932 General Villegas, Arxentina (en) |
Morte | 22 de xullo de 1990 (57 anos) Cuernavaca, México |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, Prosa, novela, Drama, conto, Guión e minoría sexual |
Ocupación | escritor , novelista , guionista , dramaturgo , activista |
Pseudónimo literario | Manuel Puig |
Lingua | Lingua castelá |
|
A súa avoa era galega e o avó catalán.[1]
Pasou a súa infancia no seu pequeno pobo natal e emigrou á capital arxentina para levar a cabo os seus estudos secundarios. Despois de iniciar diferentes estudos superiores, optou por formarse na cinematografía, para o que se trasladou a Italia. Non concretou a súa formación e terminou realizándose como escritor. Viviu en Roma, París, Londres, Estocolmo, México, Nova York, Río de Janeiro e Cuernavaca. É autor de oito novelas e catro obras de teatro, ademais de relatos breves e guións cinematográficos. É moi recoñecido polo seu uso da polifonía literaria e o monólogo interior.[2]
Aínda que desde a puberdade se asumiu como homosexual, escribiu e militou respecto deste tema, chegando a declarar que algo tan «banal» como a sexualidade non pode definir a identidade dunha persoa e, doutra banda, opinou que a actividade das agrupacións homosexuais tendían a incorrer no erro de separar a cuestión homosexual doutras agrupacións, comunidades ou sectores sociais.[nota 1][3] Con todo, foi membro fundador da Fronte de Liberación Homosexual en 1971 xunto ao sociólogo e historiador Juan José Sebreli, o avogado e escritor Blas Matamoro e o poeta e escritor Néstor Perlongher.[4]