avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel María González López Pardo, nado en Lugo en 1892 e finado na Coruña o 13 de xullo de 1975, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Lugo, España |
Morte | 13 de xullo de 1975 (82/83 anos) A Coruña, España |
Gobernador civil de Toledo | |
Civil governor of Albacete (en) | |
Gobernador civil de Córdoba | |
Gobernador civil da provincia de Huesca | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Mestre e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Participou en 1919 na II Asemblea Nacionalista, solicitando que se engadise ao programa das Irmandades a neutralidade relixiosa.[2] Foi redactor de Voz del Pueblo e directivo do Centro Republicano compostelán do que chegou a ser presidente en 1922. Nese mesmo ano foi elixido concelleiro en Compostela.[3] Colaborou en La Campana. En 1929 trasladouse a Vigo por motivos profesionais. Militante do Partido Republicano Radical Socialista asistiu ao pacto de Lestrobe.
Na madrugada do 14 de abril de 1931 arengou ás masas desde a escalinata do Pazo de Xustiza e proclamou a República en Vigo.[4] Na República foi nomeado gobernador civil de Huesca o 30 de decembro de 1931, permanecendo no cargo ata o 16 de xuño de 1932, cando pasou a ser gobernador civil de Córdoba, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933. Integrado en Izquierda Republicana, o 19 de marzo de 1936 foi nomeado gobernador civil de Albacete, permanecendo no cargo ata o 14 de xuño dese ano, cando pasou a ser gobernador civil de Toledo.
Aparentemente foi levado polos militares rebeldes ao interior do Alcázar de Toledo como refén durante o asedio, pero despois comprobouse que acudiu en calidade de refuxiado. Foi relevado como gobernador o 10 de agosto dese ano. Ao rematar o asedio, a finais de setembro, retornou a Galicia. No consello de guerra contra os membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela (causa 231/36) celebrado o 19 de novembro, actuou como defensor xunto cos letrados Manuel Casás Fernández e José Reino Caamaño; Manuel María ocupouse da defensa de Rafael Frade Peña.[5][6] Instalouse na Coruña, onde exerceu como avogado durante o franquismo. Finou na Coruña o 13 de xullo de 1975.[7]
É autor da peza teatral Antón de Freixide, estreada no Teatro Principal de Santiago pola Tuna Escolar Gallega o 4 de febreiro de 1915, e representado tamén na Coruña, Betanzos, Viveiro, Lugo, Monforte, Tui e Noia nese ano.[8] A obra continuou representándose nos anos dez e vinte. Na presentación da obra en Compostela, tivo moita repercusión o discurso de Manuel María, en presenza do claustro da Universidade, da prensa e das autoridades.[9]
Casou na Coruña con María de los Ángeles Pardo Hidalgo en xuño de 1921.[10] Foi pai de María de los Ángeles, Carmela e Manuel María González Pardo. María de los Ángeles finou en febreiro de 1975.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.