empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Lomba Peña, nado na Guarda en 1861 e finado en Madrid o 20 de maio de 1933, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 A Guarda, España |
Morte | 20 de maio de 1933 (71/72 anos) Madrid, España |
Alcalde da Guarda | |
1930 – 1930 ← Manuel Álvarez Vicente – Manuel Álvarez Vicente → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Emigrou co seu irmán Eduardo a Cárdenas (Cuba). Entre 1886 e 1888 foi axente recadador dos concellos da Guarda, O Rosal e Oia. En 1891 emigrou a Porto Rico. En San Xoán colocouse na casa de comercio de comestibles de Andrés Figueroa López. En 1893 creouse a sociedade A. Figueroa y Co. e dous anos despois retirouse Fiqgueroa quedando Manuel Lomba á fronte do establecemento que pasou a denominarse Sucesores de A. Figueroa y Co. Foi rexedor do Concello de San Xoán en 1897 e 1898. En 1899 disolveuse a firma creando no seu lugar a casa de comercio M. Lomba y Co., e dous anos despois converteuno en Sucesores de M. Lomba y Co. En 1907 trasladouse a España, fixando a residencia en Madrid. Foi presidente da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla de 1912 a 1928, da que foi presidente honorario ata 1932. Foi alcalde da Guarda en 1930.[1] Finou en Madrid o 20 de maio de 1933.[2]
Casou en 1885 con Carmen Signo Neda, e foi pai de Carmen Lomba Signo, que casou con Isidoro Jeannot.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.