xornalista, escritor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Álvarez Vicente, nado na Guarda o 24 de agosto de 1857 e finado na mesma vila o 2 de marzo de 1936, foi un xornalista, escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1857 A Guarda, España |
Morte | 2 de marzo de 1936 (78 anos) A Guarda, España |
Alcalde da Guarda | |
1931 – 1932 ← Manuel Lomba Peña – Agustín González Sobrino → | |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Alcalde da Guarda | |
1924 – 1929 – Manuel Lomba Peña → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Emigrou a Porto Rico con catorce anos, onde completou a súa formación. Retornou a Galicia con vinte e nove anos, cunha boa posición económica e realizou importantes investimentos. Escribiu obras de teatro (¡Mientras haya flores!, La tertulia de Rolán, Siempre huérfana), colaborou en La Integridad, El Pueblo, Vida Gallega, Heraldo Guardés e Nuevo Heraldo. Foi alcalde da Guarda na ditadura de Primo de Rivera,[1] membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante dos concellos da provincia de Pontevedra[2] e volveu ser alcalde na Segunda República, dimitindo en decembro de 1932.[3] Foi socio fundador e presidente do Recreo Artístico Guardés e promotor da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla.
En 1982 dedicóuselle unha rúa na Guarda.
Casou con María Sánchez Montalvo, que finou en 1921[4], e foi pai de Manuel María de Jesús, Luís, Benigno, Margarita, José Benito, Nemesio e Rafael Álvarez Sánchez.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.