Manuel Antelo Varela
político español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Antelo Varela, foi alcalde do concello de Vimianzo do franquismo durante moitos anos.
Biografía | |
---|---|
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Baixo o seu mandato adquiríronse os terreos para a construción do campo municipal de fútbol ademais de participar na fundación da Soneira Sociedade Deportiva, converténdose no seu primeiro presidente o 29 de marzo de 1966[1][2].
Foi tamén o responsábel da construción da actual Casa do Concello presidindo unha nova praza e abandonando así a vella Casa Consistoral en 1972. As antigas dependencias municipais estaban entre a rúa Trasariz e o vello Camiño Real e o Concello tiña que pagar arrendamento polo predio. Como curiosidade, este mesmo rexedor compraría a antiga casa consistorial no 1979 por cariño[3].
Con anterioridade a Manuel Antelo Varela, fora alcalde franquista José Rivera Graíño após a vitoria das tropas sublevadas o 18 de xullo de 1936 en Galiza[4].
Predecesor: José Rivera Graíño |
Alcalde de Vimianzo 19??-1979 |
Sucesor: José María Pose Romero |