político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Antelo Pazos, nado en Urroa (Vimianzo) o 1 de outubro de 1965, é un profesor e político galego vinculado durante anos ao Bloque Nacionalista Galego.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1965 (59 anos) Urroa, España |
Alcalde de Vimianzo | |
2011 – 2019 ← Alejandro Rodríguez Lema – Mónica Rodríguez Ordóñez → | |
2º Secretario Xeral de Galiza Nova | |
1990 – 1992 ← Catuxo Álvarez – Bieito Lobeira → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Vimianzo |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Militou no BNG desde 1983, sendo membro de ERGA entre 1983 e 1988, da que foi o último secretario xeral. En 1988 foi un dos fundadores de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, da que foi secretario portavoz entre 1990 e 1992.
Foi responsable comarcal do BNG na Costa da Morte no período de 1993 a 1995. Foi membro do Consello Nacional do BNG entre 1993 e 1995 e tamén o o foi dende o ano 2002.
Elixido concelleiro en Vimianzo tralas eleccións de 1999 e 2003, en 2007 encabezou a candidatura nacionalista e foi o portavoz municipal na oposición.
No verán de 2009 tomou posesión como membro do consello de administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia a proposta do BNG[1], consello do que sería nomeado presidente en marzo de 2011[2].
Nas eleccións municipais de 2011 logrou sela forza máis votada e foi elixido alcalde mediante un pacto de goberno co PSdeG-PSOE. Durante esta etapa sería, asemade, secretario de "acción municipal" do BNG[3]. O pacto cos socialistas rachou en outubro de 2011[4], e en marzo de 2013 os grupos da oposición presentaron unha moción de censura contra el. Porén, ó expulsar o PSdeG aos edís que a promoveran a moción non chegou a debatirse[5]. Tralas municipais de 2015 obtivo a maioría absoluta e volveu ser elixido alcalde.
En abril de 2016 anunciou o seu abandono do BNG xunto co de todo o grupo municipal pasando a formar parte do grupo municipal dos non adscritos e anunciou a creación dunha nova formación política chamada Foro Galego[6].
O 30 de xullo de 2016 participou en Vigo na reunión de En Marea destinada a lanzar o proxecto cara ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. Do encontro saíu a coordinadora presidida polo histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras e na que Antelo é un dos 11 membros.[7]
Concorreu ás eleccións municipais de 2019 coa formación Adiante Vimianzo e perdeu a alcaldía, tras ser derrotado pola candidata do PSdeG Mónica Rodríguez Ordóñez.[8]. En xuño de 2021 renunciou á súa acta de concelleiro[9]. En setembro de 2022 Adiante Vimianzo regresou ao BNG[10].
Predecesor: Alejandro Rodríguez Lema |
Alcalde de Vimianzo 2011 - 2019 |
Sucesor: Mónica Rodríguez Ordóñez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.