![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/Maija-Isola-1966.jpg/640px-Maija-Isola-1966.jpg&w=640&q=50)
Maija Isola
deseñadora finlandesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Maija Sofia Isola, nada en Riihimäki o 15 de marzo de 1927 e finada na mesma cidade o 3 de marzo de 2001, foi unha deseñadora téxtil finlandesa, creadora de máis de 500 deseños, incluído Unikko (Papoula). Os seus atrevidos e coloridos deseños fixeron famosa a compañía de mobiliario e deseño Marimekko na década de 1960. Tamén fixo carreira como artista visual.[1]
“ | Indiscutiblemente a máis famosa deseñadora téxtil ... en Marimekko[2] | ” |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1927 ![]() Riihimäki, Finlandia ![]() |
Morte | 3 de marzo de 2001 ![]() Riihimäki, Finlandia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia ![]() |
Educación | Aalto University School of Arts, Design and Architecture (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | deseñadora , artista téxtil , pintora , deseñadora téxtil , deseñador de moda ![]() |
Empregador | Marimekko (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua finesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Jaakko Somersalo |
Fillos | Kristina Isola (en) ![]() ![]() |
Isola expuxo en toda Europa, incluíndo a Exposición Mundial de Bruxelas e Triennale de Milán, así como nos Estados Unidos. As retrospectivas do seu traballo foron expostas no Museo do Deseño de Helsinqui, o Victoria and Albert Museum de Londres, o Museo do Deseño de Copenhague, o Museo Etnográfico Esloveno de Liubliana e o Minneapolis Institute of Arts. Os seus deseños seguen a venderse en Marimekko.
Viviu e traballou a maior parte da súa vida en Finlandia, mais pasou algúns anos en Francia, Alxeria e os Estados Unidos. Casou tres veces, e a súa filla Kristina Isola tamén se converteu en deseñadora de Marimekko, durante un tempo colaborando con Maija. A súa neta Emma tamén deseña para a compañía finlandesa.