![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Solidarity_with_the_people_of_Iran_%252852394248943%2529.jpg/640px-Solidarity_with_the_people_of_Iran_%252852394248943%2529.jpg&w=640&q=50)
Mahsa Amini
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mahsa Amini (en persa: مهسا امینی), nada en 2000 en Saqqez,[1] e finada o 16 de setembro de 2022 en Teherán,[2] tamén coñecida como Jina Amini,[3] foi unha muller iraniana que foi arrestada e torturado pola Patrulla de orientación do goberno iraniano, unha brigada especial da policía a cargo da implementación pública dos regulamentos do hijab en Irán. Foi arrestada para unha "orientación islámica" pola policía do goberno de Irán. Despois de dúas horas de golpes na cabeza e de ser aterrorizada polo comportamento da Policía Moral de Irán, sufriu tanto un ataque cerebral como un ataque cardíaco e entrou en coma.[4] É unha das vítimas máis famosas de agresión e de violencia contra as mulleres en Irán.[5][6][7][8][9] Polo menos 304 persoas foron asasinadas polas forzas de seguridade durante as protestas en resposta á súa morte.[10][11][12]
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ckb) ژینا ئەمینی (fa) مهسا امینی ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fa) مهسا امینی ![]() 21 de setembro de 1999 ![]() Saqqez (Irán) ![]() |
Morte | 16 de setembro de 2022 ![]() Teherán, Irán ![]() |
Causa da morte | morte accidental homicidio morte sob custódia policial, ferida na cabeza ![]() |
Lugar de sepultura | Saqqez (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irán ![]() |
Grupo étnico | Kurdos en Irán ![]() |
Actividade | |
Lingua | Lingua kurda e lingua persa ![]() |
Familia | |
Parentes | Erfan Mortezaei (en) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
16 de setembro de 2022 | morte de Mahsa Amini (pt) ![]() |
13 de setembro de 2022 | Arresto (Teherán) ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
En 2023, Mahsa Amini, e o movemento "Muller, Vida, Liberdade", que se iniciou tras a súa morte, foron recoñecidos co Premio Sakharov do Parlamento Europeo.[13]