![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/FIDE_World_FR_Chess_Championship_2019_-_Magnus_Carlsen_%2528cropped1%2529.jpg/640px-FIDE_World_FR_Chess_Championship_2019_-_Magnus_Carlsen_%2528cropped1%2529.jpg&w=640&q=50)
Magnus Carlsen
Grande Mestre de Xadrez / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sven Magnus Øen Carlsen nado o 30 de novembro de 1990 en Tønsberg Noruega, é un xogador de xadrez noruegués, Gran Mestre Internacional, número un mundial na clasificación Elo e campión do mundo.
O 11 de maio de 2014 [1], a puntuación Elo de Carlsen era de 2882 puntos. É a clasificación máis alta da historia, por diante da de Garry Kasparov que acadou os 2851 puntos no 1999.
Carlsen foi campión do mundo de xadrez clásico trala vitoria contra Viswanathan Anand en 2013, repetiu en 2014 contra este mesmo rival, en 2016 contra Sergueï Kariakine[2] e en 2018 contra Fabiano Caruana.
Foi tamén no ano 2013 que Magnus, facendo parte do equipo de Mérida Club de Ajedrez Magic Extremadura pasa por Sanxenxo nunha das datas do campionato de España de clubs[3].
Gañou o campinato mundial de xogos rápidos e blitz en diferentes ocasións, sendo este último título gañado por vez primeira en 2009.