From Wikipedia, the free encyclopedia
Macbeth é unha ópera en catro actos e dez cadros con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave e Andrea Maffei, baseado na traxedia homónima de William Shakespeare, sendo a décima ópera de Verdi e a primeira das obras do dramaturgo inglés que adaptou para a escena operística. A súa estrea tivo lugar no Teatro della Pergola de Florencia o 14 de marzo de 1847. A ópera foi revisada para a súa estrea en Francia, que tivo lugar o 19 de abril de 1865 no Théâtre Lyrique de París.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Piave e Maffei |
Fontes literarias | Shakespeare: Macbeth |
Estrea | 14 de marzo de 1847 |
Teatro da estrea | Teatro della Pergola |
Lugar da estrea | Florencia |
Duración | 2 horas 45 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Macbeth (barítono) |
Esta ópera está entre as máis representadas do repertorio, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 31 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo la 19.ª en Italia e a novena de Verdi, con 123 representacións no período.
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 14 de marzo de 1847[2] (Director: Giuseppe Verdi) |
Versión revisada Elenco da estrea, 19 de abril de 1865[3] (Director: Adolphe Deloffre) |
---|---|---|---|
Macbeth | barítono | Felice Varesi | Jean-Vital Jammes ("Ismaël") |
Lady Macbeth | soprano | Marianna Barbieri-Nini | Amélie Rey-Balla |
Banco (Banquo) | baixo | Nicola Benedetti | Jules "Giulio" Bilis-Petit |
Macduff | tenor | Angelo Brunacci | Jules-Sébastien Monjauze |
Dama de honra | mezzosoprano | Faustina Piombanti | Mairot |
Malcolm | tenor | Francesco Rossi | Auguste Huet |
Doutor | baixo | Giuseppe Romanelli | Prosper Guyot |
Sirviente de Macbeth | baixo | Giuseppe Romanelli | Péront |
Heraldo | baixo | Giuseppe Bertini | Gilland |
Asasino | baixo | Giuseppe Bertini | Caillot |
Tres apariciones | 2 sopranos e 1 baixo | ||
Duncano (Duncan), rei de Escocia | Papel mudo | ||
Fleanzio (Fleance), fillo de Banco | Papel mudo | ||
Bruxas, mensaxeiros, nobres, cortesáns, refuxiados - coro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.