From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo trapecio é un músculo da parte posterior do pescozo, tronco e extremidade superior. As súas funcións son as da rotación, retroceso, elevación, e abdución da escápula.
Músculo trapecio | |
---|---|
Músculo trapecio. | |
Músculos que conectan a extremidade superior coa columna vertebral. O trapecio está etiquetado na parte superior esquerda. | |
Latín | Musculus trapezius |
Gray's | subject #121 432 |
Orixe | Liña da caluga superior, protuberancia occipital externa, ligamento da caluga e apófises espiñosas de C7-T12 |
Inserción | Terzo lateral da clavícula, acromion e espiña escapular |
Vascularización | Rama superficial da arteria cervical transversa ou arteria cervical superficial |
Innervación | {{{Innervación}}} |
Accións | Eleva, retrae e rota a escápula; as fibras inferiores descenden a escápula |
O trapecio insírese no óso occipital, nas liñas nucais superiores e na protuberancia occipital exterior.
Distintas febras do músculo insírense nas apófises vertebrais posteriores tanto a nivel cervical coma torácico.
Distalmente, o trapecio insírese na clavícula, no acromion e no corpo da escápula.
O músculo posúe unha cara superficial e unha fonda, e tres bordos, medial, inferior e anterior.
É subcutánea, ocupando gran parte da superficie posterior alta do tronco.
A cara fonda cobre os músculos cervicais e dorsais.
Recibe unha innervación dobre: por unha banda, do nervio accesorio e por outra banda recibe ramos nerviosos das raíces cervicais segunda, terceira e cuarta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.