Límite de Hayflick
From Wikipedia, the free encyclopedia
O límite de Hayflick (ou fenómeno de Hayflick) é o número máximo de divisións celulares que pode realizar unha poboación celular normal antes de que, probablemente debido ao acurtamento dos telómeros dos cromosomas, estes cheguen a unha lonxitude crítica, que impide que teñan lugar máis divisións.[1][2]
O límite de Hayflick foi descuberto por Leonard Hayflick en 1961,[1] cando traballaba no Instituto Wistar de Filadelfia. Hayflick demostrou que unha poboación de células fetais humanas normais en cultivo celular se dividen entre 40 e 60 veces como máximo. Despois entran nunha fase de senescencia (o que refutaba a idea formulada por Alexis Carrel de que as células normais son inmortais). Cada mitose causa un acurtamento dos telómeros dos cromosomas ata que a división se fai imposible. Este mecanismo parece impedir a inestabilidade xenómica e o desenvolvemento do cancro.