Telómero
From Wikipedia, the free encyclopedia
O telómero (do grego τέλος telos 'final' e μέρος meros 'parte') é a rexión terminal do cromosoma, composta por ADN moi repetitivo, que non codifica proteínas. Xoga un papel fundamental para evitar a perda de información durante a duplicación do cromosoma. O encima que replica o ADN, a ADN polimerase, non pode replicar o cromosoma ata o seu extremo, polo que se perde unha parte dese extremo en cada replicación; pero a parte que se perde é a dos telómeros, que non son codificantes, e que por iso se fan máis curtos en cada replicación. Se non fose por eles a parte que se perdería sería codificante, o que supoñería unha perda significativa de información xenética en cada replicación. Hai probas de que este acurtamento dos telómeros está asociado co envellecemento da célula e do organismo.