![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Ana_Pont%25C3%25B3n%252C_Manifestaci%25C3%25B3n_xu%25C3%25ADzo_Prestige.jpg/640px-Ana_Pont%25C3%25B3n%252C_Manifestaci%25C3%25B3n_xu%25C3%25ADzo_Prestige.jpg&w=640&q=50)
Líder da oposición
From Wikipedia, the free encyclopedia
En gobernos parlamentarios coñécese como líder da oposición o líder do partido político con maior representación parlamentaria que non está no goberno. O líder da oposición normalmente identificase como a alternativa respecto do gobernante actual para o cargo de presidente, primeiro ministro ou o cargo que estea á cabeza do poder executivo do territorio.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Ana_Pont%C3%B3n%2C_Manifestaci%C3%B3n_xu%C3%ADzo_Prestige.jpg/640px-Ana_Pont%C3%B3n%2C_Manifestaci%C3%B3n_xu%C3%ADzo_Prestige.jpg)
O líder da oposición non é necesariamente o presidente do partido opositor, senón aquel de aparición nos medios e influencia na poboación máis destacable nese partido.
Nas formas de goberno cun sistema Westminster, como a británica ou a canadense, o líder da oposición debe encabezar un goberno alternativo que se coñece como gabinete na sombra.