![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Ana_Pont%25C3%25B3n_2022_%2528cropped%2529.jpg/640px-Ana_Pont%25C3%25B3n_2022_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Ana Pontón
política galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana Belén Pontón Mondelo, nada en Chorente (Sarria) o 27 de xullo de 1977,[1] é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego (BNG). É a Portavoz Nacional do BNG desde 2016.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
![]() (2022) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Ana Belén Pontón Mondelo ![]() 27 de xullo de 1977 ![]() Chorente, España ![]() |
![]() | |
28 de febreiro de 2016 – ← Xavier Vence | |
![]() | |
7 de febreiro de 2004 – ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - ciencia política (1994–2000) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Páxina web | anaponton.gal ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
Foi candidata á Presidencia nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. A inicios de 2020 foi elixida de novo pola militancia como candidata á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións de xullo de 2020. Tras as eleccións do 12 de xullo de 2020, converteuse na líder da oposición no Parlamento de Galicia, após conseguir o seu partido 19 deputados, resultado que superou en 2024 cun máximo histórico de 25 representantes.