Lérez, Pontevedra
parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.
Lérez | |
---|---|
Mosteiro de San Salvador de Lérez | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°26′57″N 8°37′57″O |
Área | 6,35 km² |
Poboación | 1.711 hab. (2017) |
Densidade | 269,45 hab./km² |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu xentilicio é lerezán[2].
A ruta portuguesa do camiño de Santiago correspóndese ao seu paso pola parroquia coa vía romana XIX do itinerario de Antonino.
Segundo a tradición, no lugar da Santiña o apóstolo Santiago parou a descansar na súa peregrinación por Galicia. A raíz desta lenda, o día de Santiago (25 de xullo) ofrécese ao patrón unha uva dunhas parras que maduran antes. A poucos metros está situado un cruceiro de 1822.
En 1925 foi creada a Caja Rural de Lérez, que permaneceu activa até 1936, sendo pechada tralo Golpe de Estado do 18 de xullo. O 10 de setembro dese mesmo ano, no contexto da guerra civil española, apareceu morto no lugar da Gándara Juan Magdalena García, labrego de 36 anos veciño de Cerponzóns, que foi paseado[3].
No lugar de Casaldarado estaba o castelo de Cedofeita, de importancia entre o século X e o século XIII.
O mosteiro de San Salvador de Lérez, situado nun outeiro sobre o río Lérez, aparece documentado desde finais do século IX. Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai Xerónimo Feijoo ou o pai Martín Sarmiento. Trala desamortización de Mendizábal, os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial. Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa.
O 11 de xullo, día de San Bieito, celébrase a romaría de San Benitiño de Lérez, onde os fieis van curar as espullas e a pedir saúde ao "santo máis milagreiro".
O C.D. Lérez, nado na década de 1951-60, é filial do Pontevedra C.F.
Lugares da parroquia de Lérez no concello de Pontevedra | |
---|---|
O Arco | Casal Novo | Casaldarado | O Castelo | A Cendona | As Cernadas | Cimbelo | O Couso | O Cruceiro | A Ferreira | A Fontaíña | A Gándara | A Laxiña | O Outeiro | A Pedra Picada | A Piolla | A Porta da Coxa | Ramallás | A Regueira | A Torre | A Xunqueira de Lérez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.